> Este é o contexto:
> Get Software from the openSUSE Build Service
> Pertence á páxina para descargarse openSUSE
> Grazas

Nese contexto eu non optaría por esa tradución.

http://en.opensuse.org/Build_Service

De acordo con esa wiki entendo que o obxectivo é facilitarlle a vida aos 
desenvolvedores perante openSUSE (dito en poucas palabras, é a idea que 
obtiven do primeiro parágrafo).

En tal caso buscaría unha alternativa. Ocórreseme «Servizo de 
desenvolvemento», pero haberá máis. Neste caso procura entender o concepto 
lendo a páxina esa, e busca algo que exprese o que é, pois unha tradución 
literal pode resultar difícil.

Responderlle a