2009/11/16 Ulfe <ulfe1...@secretarias.com>:
> Moi boas! :)
>
> O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico
> superior en administración de sistemas informáticos.
>
> O labor que estades a realizar todos paréceme encomiábel, traducir
> software (e libre) ao noso idioma é algo fantástico. Pois aquí me tedes
> totalmente disposto a colaborar na medida do posíbel.
>
> O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como
> proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro
> trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai
> pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...

Ola e benvido.

Aquí dedicámonos basicamente a traducir software libre ao galego. Non
entendo moi ben que é o que queres dicir con iso do proxecto.
Poderiaste explicar algo mellor?

Responderlle a