Reenvío á rolda.

2009/11/17 Ulfe <ulfe1...@secretarias.com>:
> Grazas pola benvida :)
>
> Como dixen estou no segundo e ultimo curso do ciclo superior de FP de
> administracion de sistemas informaticos, este curso consta de so dous
> trimestres porque o terceiro son practicas nunha empresa (por iso e
> curto ademais de denso), alen diso ao final do segundo trimestre hai que
> presentar un proxecto relacionado con algun tema no que poidamos aplicar
> os coñecementos adquiridos no ciclo: por exemplo algun compañeiro meu
> vai facer o proxecto de como montar un servidor en Debian, outro unha
> paxina web dunha tenda de patinaxe, outro como montar un cibercafe... eu
> queria traducir unha aplicacion (ou mais ben supoño que parte dunha
> aplicacion) ao galego
>
> por certo, non mencionei que son licenciado en filoloxia galega porque
> como filologo son bastante mediocre (no entanto a informatica daseme moi
> ben)
>
> un grande saudo! :)
>
>
>
> O Lun, 16-11-2009 ás 16:53 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
>> 2009/11/16 Ulfe <ulfe1...@secretarias.com>:
>> > Moi boas! :)
>> >
>> > O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico
>> > superior en administración de sistemas informáticos.
>> >
>> > O labor que estades a realizar todos paréceme encomiábel, traducir
>> > software (e libre) ao noso idioma é algo fantástico. Pois aquí me tedes
>> > totalmente disposto a colaborar na medida do posíbel.
>> >
>> > O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como
>> > proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro
>> > trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai
>> > pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...
>>
>> Ola e benvido.
>>
>> Aquí dedicámonos basicamente a traducir software libre ao galego. Non
>> entendo moi ben que é o que queres dicir con iso do proxecto.
>> Poderiaste explicar algo mellor?
>>
>
>

Responderlle a