2009/11/19 damufo <[email protected]> > > > Leandro Regueiro escribiu: > > Creo que patrón xa se usa para pattern e incluso para template... >>>>>> >>>>> template -> modelo (tamén) >>>>> >>>> Na proxima revisión no joomla teño pensado pasar de >>>> template ->modelo >>>> a >>>> template - tema >>>> >>> Poida que sexa o máis axeitado no contexto. Template a que fai >>> referencia, á >>> «skin» do CMS? >>> >> >> Non sei exactamente como se usa no Joomla, pero no Django template é >> un ficheiro que define en que sitio e con que tamaño, é dicir, é un >> ficheiro que define unha disposición de elementos. >> >> >> > Si é un paquete que está composto por follas css, e outras nas que se > indica unha disposición. > O que fai é establecer a aparencia (aspecto) visual que vai ter o sitio. > > > Poida que en frameworks como Joomla ou Django empregar como traducción de "template" o termo "modelo" poda chegar a crear certa confusión debido a que estes usan o patrón MVC [Modelo-Vista-Controlador], sendo este "Modelo" o que fai referencia ás clases que se encargan do tratamento dos datos e as "templates" forman parte das "Vistas".
Gustaríame aproveitar para propoñer unha diferenciación formal dos tres termos con miras de atopar unha traducción axeitada para cada un: Propoño considerar "*pattern*" como algo que se repite tal e como foi concebido, sen alteracións. Podendo, non obstante, formar outros elementos complexos baseados en ese elemento simple. Seguindo esta definición podía optarse polo termo "*patrón*", xa proposto e usado. Propoño considerar "*template*" como algo que serve de base para formar outro elemento, pero que por sí só está incompleto. Remítome ao exemplo anteriormente exposto dos frameworks/CMS Joomla, Drupal, Django. [para esta non se me ocorre unha traducción axeitada, de momento uso tamén "modelo"]. Por último, propoño considerar "*skin*" como un mero elemento ornamental que depende dun elemento básico que defina unha estrutura ou distrubución. Poño como exemplo coñecido certos reprodutores de audio/video que ofrecen opcións de personalización a través das chamadas "*skins*", que ben podían ser traducidas como "*peles*". Normalmente eses elemento son opcionais, tendo sempre a opción de deixar a distribución/estrutura predeterminada da interface gráfica do sistema na que se está a usar [GTK, QT, WXWidgets,...]. > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

