Ola, 

O pasado Sábado n'A Estrada celebrouse unha segunda reunión sobre da posible 
formación dunha federación de LUGs. Acudín representando a  A. Proxecto Trasno 
e estivo ademais o noso vice M. Bouzada en calidade de representante de 
GALPON. Supoño que Denís nun par de días pasará a acta e eu remitiréivola. 
Entre tanto dou conta do esencial da discusión:

1. Asistiron (se non recordo mal): GLUG, GHANDALF, GALITE, GALPON e A. 
PROXECTO TRASNO. Fóra destes, algún grupo xa manifestou que non participaría 
na federación (p.ex GPUL) e outros nin contestaron

2. Non se chegou a ningún acordo firme neste momento bardante de volver a nos 
reunir o 6 de Febreiro en Lugo e levar unha serie de discusións ós nosos 
respectivos grupos/asociacións. 

3. Expuxéronse motivos en favor da Federación e tamén algún punto en contra. 
As posturas foron dispares neste aspecto.  Denís (representando a GLUG) expuxo 
como posibilidade que os LUGs se foran fusionando; o que evitaría formar unha 
federación. GHANDALF, recén constituídos, posicionaronse absolutamente en 
contra  de formar parte dun proceso de fusión e manifestaron que se retirarían 
das discusión se así se decidise.  Pola nosa parte eu manifestei que, inda que 
máis que desexable, a a fusión tería sentido no ámbito dos LUGs, mais que a 
federación podería servir para acoller a asociacións do software libre que non 
son sensu stricto LUGs, como grupos de desenvolvedores, tradutores coma nós, 
ou mesmo asociacións. Ben é certo que se podería fundar o reformar unha 
asociación para acoller unha serie de obxectivos moito máis amplos. Así que 
discutido este punto traballouse omitindo a definición legal do que se vaia a 
facer, discutíronse unha serie de puntos do que debería esa forma legal 
contribuír a cada grupo. Do cal deduzo que sería posible valorar outras 
alternativas legais á federación (= asociación de asociacións), (fundación?, 
instituto?), fusión de asociacións...

4. Da reunión anterior e desta, si que hai acordo en que a asociación sería de 
"-o que sexa- software libre" e non "---- Linux" (non sei que me explico) e 
que os asociados terían que ser asociacións sen ánimo e lucro, e ollo! porque 
isto implicaría que AGASOL podería formar parte da asociación. Neste sentido 
eu manifesteime a favor, inda que é unha opinión non consensuada aquí. 

5. Falouse do peso relativo de cada asociación dentro da "federación". 
Aceptouse que para as discusións previas á federación cada asociación tivera o 
mesmo peso (1 asociación, 1 voto). Igualmente valorouse que inicialmente 
podería ser o mesmo para a federación. Outras alternativas válidas legalmente 
sería que cada asociación tivera peso segundo o financiamento ou segundo o 
número de socios activos. En función da contribución económica foi case que 
desbotada. A contribución por número de socios _activos_ é difícil de definir 
e valorouse como complexa. 

e seguro que se falaron máis cousa que agora non recordo e que seguro Miguel 
pode ter a ben aportar :)

Polo tanto, preguntas de cara a seguinte reunión ( e que necesito que tódolos 
socios fundadores contestedes... tranquilos, tedes dous meses) :

a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?
c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?
d) quen pode formar parte da asociación? 
e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por convite 
dunha asociación membro? por solicitude e votación? con "auditoría" dun membro 
socio?
f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou 
xurídicas?
g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?
h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación? 
ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a contribución 
económica?
i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos LUGs? 
laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...
j) que tipo de directiva tería a federación? 
{presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?: vicetesoureiro, 
vogais...
k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa? p.ex 
contratación de asesoría
l) condición de expulsión dos asociados?

e penso que non me esquence nada.

Como só estou pedindo a opinión de cara a preparar a seguinte reunión, iremos 
aplicando o artigo nº28 e nº29.4 dos estatutos segundo vaiamos avanzando no 
debate. 

Responderlle a