Respondo por lote:
O Mércores 09 Decembro 2009 09:11:13 mvillarino escribiu:
> > alternativas legais á federación (= asociación de asociacións),
> > (fundación?, instituto?), fusión de asociacións...
> Tedes 300 000 EUR ? non? entón ide esquecendo a palabra "fundación".
> De instituto deixa a ver (que non acho ren)
Creo que son 30000, pero igualmente; as formas legais alternativas á de
"federación" son para nós inexistentes. Pero como soou no debate, coméntoo.
> a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
>
> Si, nas condicións de federación. Isto implica, segundo a lexislación
> vixente, unha modificación estatutaria en cada unha das persoas
> xurídicas que vaian federarse.
> c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?
>
> Mande??? Supoño que o m.c.m. e en parágrafo á parte as demais cousas,
> excluíndo o termo "Linux" da redacción.
Non expuxen ben a preguntas :) . Estas dúas preguntas podense enlazar; é o que
queremos que vaia no estatuto da federación. Os estatutos de cada asociación
teñen que ser compatibles co da federación e inversamente. Así que os
principios que se declaran como finalidades e actividades no noso estatuto
deberían ir recollidos no da federación xa que somos probablemente os únicos
que temos interese *exclusivo* por algúns deles. Identicamente farán os LUGs.
Mais, por exemplo, eu tamén faría que o estatuto recollese que a federación
traballa a nivel orgánico en galego, sen prexuízo obviamente de que cada quen
use a lingua que queira. Logo tamén se poden considerar política de licenzas
de obras etc. Aquí tamén está o debate de se preferimos que isto vaia nun de
momento eventual estatuto federal ou se se recollen nun documento de réxime
interno da federación (susceptible de ser cambiado máis sinxelamente). Eu
proporía intentar redactar un estatuto claro e preciso inda que tolerante en
determinadas posturas, con tal de que outros grupos que se unan a posteriori
saiban cales son as "regras" e ó mesmo tempo que poidan asumir eses
principios.
> d) quen pode formar parte da asociación?
> e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
> convite dunha asociación membro? por solicitude e votación? con
> "auditoría" dun membro socio?
>
> Creo que a lexislación actual algo dí ao respecto. Os propósitos teñen
> que ir casando, e evidentemente teñen que ter as contas nun estado
> "auditábel".
Efectivamente. Na reunión falouse de permitir que se asocie todo grupo sen
ánimo de lucro (obviamente persoa xurídicas e non físicas) que asuma os
principios do SWL. Punto. Faltaría decidir como se fai o proceso de adhesión
(e ollo porque este punto é pontecialmente poderoso porque aceptar un novo
grupo supón cambiar a dinámica de voto na asemblea!)
> f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
> xurídicas?
> Si, por que non?
Eu estou de acordo, é máis creo que é preceptivo se queremos ter cartos dalgún
lado para facer cousas sen cobrar cotas. Pero na reunión non estaba claro así
que pregunto para levar as cousas clariñas.
> g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?
>
> Apoquinando unha taxa en función do número de socios, por exemplo o
> equivalente ao IVA máximo que haxa no momento (1/5 dos ingresos totais
> teóricos por cotas (= num socios * cota asociado) )
Descoñezo se é posible legalmente tal como dis, pero paréceme xusto. Hai
grupos que puidera non lle favorecer este método e se vaian opoñer. De feito
na reunión a idea pivotaba darredor da idea de "socios activos".
> Semi-intervencionista, polo menos a nível partys (i.e., reducindo
> costes de quen floss=party), e reducindo custos fixos.
a priori gústame por onde van os tiros
> j) que tipo de directiva tería a federación?
> {presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?: vicetesoureiro,
> vogais...
>
> a mínima que se poda; ten en conta as dificultades que nos supón a nós
> vernos, pois pon iso a nível coordinación do voluntariado floss en
> Galiza... para cagarse.
Tema controvertido, eu non o teño claro
> k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa?
> p.ex contratación de asesoría
>
> A ver, que volo digo eu: externalización/outsourcing da contabilidade
> e xestión fiscal.
necesidade que fai que se queira formar a federación e mellor punto a favor :)
Falábase (falei) de intermediación con entes públicos. Que opinión tedes ó
respecto?
O Mércores 09 Decembro 2009 14:42:29 Leandro Regueiro escribiu:
> > e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
> > convite dunha asociación membro? por solicitude e votación? con
> > "auditoría" dun membro socio?
>
> Eu diria que calquera vale, despois teria que ser aprobado polos
> demais no caso de ser asociación... pensouse en ter a particulares
> como socios?
da federación non, amais creo que non é posible legalmente.
> > h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
> > ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a
> > contribución económica?
>
> Eu diria proporcional á súa implicación na federación, pero ha ser
> difícil. Outra opción sería proporcional ao labor que desenvolven.
> Sempre nos quedará a opción de proporcional ao número de socios
> inscritos...
É dicir, en base a socios activos. O problema é a definición. Un grupo pode
ter 300 socios rexistrados pero só 10 activos e outro 15 e todos activos.
Buscar unha definición que poña de acordo a eses dous grupos sería o ideal así
que...
> > i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos
> > LUGs? laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...
>
> laxo, pero debería axudar sempre que poida. Debería server como canle
> de comunicación e colaboración entre LUGs.
pois eu estouche por dicir que máis ben (semi-)férreo, pero teño que meditalo
máis
O Mércores 09 Decembro 2009 15:29:39 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > > > a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
> > >
> > > Non é que o vexa imposible, pero creo que cómpre que os proxectos con
> > > distintas metas se centren en ditas metas, algo que podería verse
> > > contrariado
> > > por unha fusión.
I agree, pero non nos caso dos LUGs que vexo que reduplican esforzos sen
necesidade, agora que cada un manda na súa cociña e non me vou posicionar
nalgo que me é alleo
> > >
> > > > e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación?
> > > > por convite dunha asociación membro? por solicitude e votación? con
> > > > "auditoría" dun membro socio?
> > >
> > > Eu optaría por solicitude+votación. Pero non estaría de máis ter claro
> > > o tipo
> > > de organizacións que "cadrarían" coa federación.
Penso que habería que pensar en solicitude+auditoría+voto ou
convite+auditoría+voto
> > > > f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas
> > > > e/ou xurídicas?
> > >
> > > Non entendo moi ben a pregunta, pero por se ten algo que ver: coido que
> > > a federación sería a unión de organizacións, polo que persoas
> > > individuais non terían sentido para min.
p.ex CocaCola ou Amancio Ortega deciden doar cartos á "Federación de colgados
de Ghalissa" así que a federación fainos "patróns". Caso do meu ben estimado
Shuttleworth en KDE e.v. Agora, terían voz nas asambleas ou non? voto
enténdese que non. Que ollo que mesmo hai xente que opinaba que nin sequera
dereito a voz nas asembleas.
> > >> > > > ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a
> > > > contribución económica?
> > >
> > > Ao mellor se podería definir unha contribución fixa por persoa para a
> > > federación, que dita contribución se realizase baixo o amparo dunha ou
> > > máis organizacións (eu, Adrián Chaves Fernández, contribúo coa taxa
> > > anual establecida coma membro de Trasno e X Software Libre, polo que
> > > conto coma un
ok
> > > De todos xeitos, se ben as discusións as levarían a cabo representantes
> > > de cada organización, ao mellor as votacións deberían facerse de xeito
> > > individual, ou que en lugar de ter un voto cada asociación, presentase
> > > os votos correspondentes aos seus membros activos.
Asemblea de asemblea? IMO, vai ser que millor non; xa estou visualizando un
caos asembleario :x . Ademais, entendo que como a federación está composta
por persoas xurídicas, legalmente non sería posible. Consultareino.
> > > > k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se
> > > > constitúa? p.ex contratación de asesoría
> > >
> > > Espero que non. Hai que minimizar gastos.
ummm, na actual situación maximizase o número de xente que ten que mover
papelame, do outro xeito centralízase aumentando a contribución económica. Fai
falta e non creo que supoña por asociado tanto. (isto é. non creo que a cota
por asociado fora subir dos 15€/ano, e penso que a todo o que lle guste o
asunto do SWL etc pode asumir apróx. 1€/mes)
> From: Alejo Pacín Jul <[email protected]>
> Imaxino que pode haber algún trasnego máis da mesma opinión e por iso, se
> non hai ninguén en contra, gustaríame que se incluíse esta opción entre as
> propostas para que poida ser tida en conta.
Efectivamente. Inda que agora mentras non teñamos formalizada completamente a
asociación non vos podo contar como "socios" (por que non temos rexistro de
socios) pero si que vos escoito e levarei a vosa opinión a canda as outras
como socios de facto ata que o sexades de iure, (se vos prouguer).
Decir, que a posible federación tería que se votada en asemblea xeral
extraordinaria por, creo recordar, + de 2/3 dos presentes a favor. Pero xa vos
avanzo que o proceso de debate da federación podería, IMO, levar todo o ano
que ven. Alguén optimista na reunión dicía 5 meses.