2010/2/4 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Acabo de enviar esta mensaxe á rolda de coordinación de openOffice.org
>
> ===
>
> Ola a todos,
>
> Por fin hoxe tiven un ratiño para probar a versión 3.2. Houbo moito
> movemento e xa estamos na RC5.
> De momento só fixen unha instalación en windows XP por ser a máis
> transcendente para os usuarios. Todo parece ir ben. Polo menos o proceso de
> instalación é perfecto e parecen terse solucionado os problemas de tardanza
> no arranque que foron informados na lista de control de calidade.
>
> Nas miñas últimas comprobacións na etapa de compilación de binarios,
> fallábame a busca na axuda. Agora xa non.
> A axuda en xeral mellorou unha barbaridade pero aínda lle queda. O texto en
> inglés que falta aparece por todas partes como se fose a graxa no xamón
> :-).

Esperemos que os textos en inglés vaian desaparecendo. Estou farto de
ver textos sen traducir ao buscar algo na base de datos do openTran.

Responderlle a