Con razón da noticia publicada en Público (lina principalmente en Mancomún[1]), reparei na liña:
[...] Neste punto recomendan o uso da licenza EUPL sen prexuízo de calquera outra que cumpra as condicións anteriores. [...] Deume por ler dita licenza (da cal non tiña coñecemento ata agora). E unha parte di: [...] [O autor da obra autoriza a calquera a] subarrendar os dereitos da obra ou copias desta. [...] Alguén sabería dicir o que significa iso? Entendo que significa que NON hai que facer copyleft. Ou sexa, que as obras derivadas poden ter a licenza que un guste. É iso? --- [1] http://beta.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/esquema- nacional-de-interoperabilidade-no-ambito-da-administracion-electronica- estandares-abert/ [2] Tradución xurada ao galego da Licenza Pública da Unión Europea: http://arquivo.mancomun.org/downloads/EUPL_LICENZA.pdf

