gracias pola aclaración ;)

máis tarde estiven lendo e atopei que das localizacións encarganse os "equipos de traducción" de google. ASí que cando esta xente lles de por facernos o favor, pois teremos Chromium (e Chrome) en galego. Non me gustou nada esta política, non casa moito coa política de desenvolvemento aberto ós usuarios. Pero igoal é cousa miña que me fixera ilusións co navegador éste.

gracias de novo.

En Mon, 15 Feb 2010 00:41:26 +0100, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com> escribiu:

Ola Xosé,

xa podes ir olvidándote, eu mirei moi a fondo isto e incluso presionando aos desenvolvedores para que permitiran localizar a calquera idioma e a resposta resumida foi "Os tradutores voluntarios non poden levar a cabo a tradución a tempo cos nosos tempos de desenvolvemento pechados" o que quere decir que son software libre a partir de que liberan a versión antes todo pechado.

De feito coido que algún de nós chamou diretamente a google en madrid e pouco máis lle colgaran o teléfono logo de comentar isto.

Aquí tes unha das mensaxes que eu enviei á lista de desenvolvmento que se pasaron polo forro e non respostaron, todas as mensaxes incluso as tonterías foron respostadas segundo o que levo visto http://groups.google.com/group/chromium-discuss/browse_thread/thread/d8ca32c7439b6e14/cdaad33155eb406a?lnk=gst&q=localization#cdaad33155eb406a
teño algunha máis pero agora non a topo.

Saúdos

Xose M (Pika) wrote:
bos días,
sei certamente que había un tema aberto sobre este asunto, pero non o atopo para leélo e ver cómo iba a "traducción" ó galego do Chromium (navegador de internet no que se /inspira/ o Chrome de google). eu mirei na páxina do proxecto e non me entero de cómo colaborar. Certo que son algo torpe nestos temas, pero é un navegador que me está resultando moi útil e efectivo (case coma Opera) e gustaríame poder contribuír ó seu espallamento. Neste senso fixen a localización dunha das súas extensións máis útiles (gmail checker plus). http://dev.chromium.org/developers/design-documents/ui-localization -- ----------------- Xose M. -----------------



--

-----------------  Xose M.  -----------------

Responderlle a