Ola Xosé,
xa podes ir olvidándote, eu mirei moi a fondo isto e incluso presionando
aos desenvolvedores para que permitiran localizar a calquera idioma e a
resposta resumida foi "Os tradutores voluntarios non poden levar a cabo
a tradución a tempo cos nosos tempos de desenvolvemento pechados" o que
quere decir que son software libre a partir de que liberan a versión
antes todo pechado.
De feito coido que algún de nós chamou diretamente a google en madrid e
pouco máis lle colgaran o teléfono logo de comentar isto.
Aquí tes unha das mensaxes que eu enviei á lista de desenvolvmento que
se pasaron polo forro e non respostaron, todas as mensaxes incluso as
tonterías foron respostadas segundo o que levo visto
http://groups.google.com/group/chromium-discuss/browse_thread/thread/d8ca32c7439b6e14/cdaad33155eb406a?lnk=gst&q=localization#cdaad33155eb406a
teño algunha máis pero agora non a topo.
Saúdos
Xose M (Pika) wrote:
bos días,
sei certamente que había un tema aberto sobre este asunto, pero non o
atopo para leélo e ver cómo iba a "traducción" ó galego do Chromium
(navegador de internet no que se /inspira/ o Chrome de google).
eu mirei na páxina do proxecto e non me entero de cómo colaborar. Certo
que son algo torpe nestos temas, pero é un navegador que me está
resultando moi útil e efectivo (case coma Opera) e gustaríame poder
contribuír ó seu espallamento. Neste senso fixen a localización dunha
das súas extensións máis útiles (gmail checker plus).
http://dev.chromium.org/developers/design-documents/ui-localization
--
----------------- Xose M. -----------------