Ola, cumprindo cas miñas obrigas como secretario envío a seguinte información concerninte ao proceso de solicitude para ser admitido como novo socio ou nova socia da "Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno".
Primeiro, NON hai que ser socio para seguir colaborando de forma voluntaria. Distingamos "trasnego" de "socio da Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno". Son cousas diferentes. Un trasnego non paga e segue a ter a súa opinión como até o de agora, pero para as cuestións de "aparato" só votan os socios, que son trasnegos de pago. Antes de que me esqueza aviso de que a asemblea constituinte definiu unha cota anual de 15€ por socio, bardante para estudantes e desempregados que é de 9€ tal como se reflicte en http://trasno.net/trasno:asociacion. Non sei se a cota hai que pagala para entrar ou non, prefiro que este tema o aclare outra persoa que estea máis ao tanto deste punto exacto. Nesta mesma páxina están os estatutos que non estaría mal que lerades antes de lanzarvos. Os interesados deberán enviarme (xa lles comunicarei eu ao presidente e ao vicepresidente as altas) unha imaxe dixitalizada do seu DNI (escaneada) a poder ser metida dentro dun ficheiro PDF, e ademais deberán crear enviarme un ficheiro Vcard cos seguintes datos: * Nome completo * Teléfono de contacto (indicando se é móbil ou fixo) * Enderezo de correo electrónico * Mensaxería instantánea (Jabber e outras como MSN se queredes) * Enderezo completo: * Rúa e número * Localidade * Provincia * Código postal * País * Data de nacemento * Alcume (importante para aqueles que adoitan usalo para identificarse) * Número de DNI * Fotografía Envío un vídeo de Youtube sobre como crear a Vcard cunha interface GUI usando Contacts e Evolution, é dicir, en GNOME. Lembrade ter instalado Contacts e Evolution: http://www.youtube.com/watch?v=IvcoVwRLD0c No anexo vai un minicomo de Miguel Bouzada sobre como crear a Vcard cun editor de texto, aínda que non vale para incluír a fotografía na Vcard. Adrián dixera nunha mensaxe que en KDE era así: > Ficheiro -> Exportar -> Exportar a vCard 3.0 aínda que supoño que á explicación lle falta algo máis así que vou citar unhas mensaxes enviadas á rolda de Trasno: >> Con Kontact: Contactos -> Ficheiros -> Novo contacto -> Cubrir datos -> >> Exportar como [LDIF, vCard...] > > Eu só tiven que premer co botón dereito do rato sobre min na lista de > contactos, darlle a «Enviar contacto», escribir "Mig" no campo para o > destinatario, e pouco máis :) > >> Con evolution: Vista de contactos -> Editar contacto -> Ficheiro -> Gardar >> como vCard >> >> Con thunderbird: Libreta de direccións -> Escoller contacto propio -> >> Ferramentas -> Exportar... -> vCard, LDIF... Creo que isto é todo. Non dubidedes en preguntar calquera dúbida. Ata logo, Leandro Regueiro
mini-COMO-vcard.odt
Description: application/vnd.oasis.opendocument.text

