O Mar, 18-05-2010 ás 18:23 +0200, mvillarino escribiu: > -b) quedarÃa un rexistro completo de quen traduciu o que, polo que > despois poderÃan emitirse certificados coa experiencia de cada > colaborador (estou a pensar na EN UNE15038)
Gústame a idea, porén o UNE15038 non vexo que poida certificar o nivel de calidade senón que certifica os procesos internos. O exemplo máis claro é por analoxÃa o CMMI, que certifica que o teu proceso é o axeitado, facer unha medición de tempos e recursos adicados e "garante" uns procesos estandarizados. Pola contra o CCMI non garante que o teu software sexa de calidade. "Podes ter un proceso de creación de software de la leche pero o teu software pode non valer para nada" En GNOME tamén estou tentando levar a cabo un estudo do traballo de cada colaborador e coas estimacións oportunas para que nun futuro poida desviar o meu traballo e o do resto segundo conveña, sen menoscabar o nivel de tradución (cantidade e calidade). O principal problema atopo é a falta de persoal cualificado (neste contexto, con experiencia dabondo) e con contribucións perdurábeis no tempo. O argumento de non depender da dispoñibilidade dun coordinador si que é un argumento importante. Máis en GNOME non se pode levar a cabo xa que aÃnda que non vaia depender dun coordinador si que dependes dun remisor (persoa con permisos de remisión de traducións no git) e que necesariamente ten que ter coñecementos técnicos para facelo. Trasno nesas liñas deberÃa buscar colaboradores con enfoques ben diferenciados a todos os nosos - Persoal: Saúdos

