Bueno, limpando a miña lista de tarefas pendentes cheguei a «conseguir que Chakra GNU/Linux teña o Amarok en galego». Isto ven de que estou probando unha distro nova e estrañoume ver que o Amarok estaba en inglés e non tiña o galego dispoñible. Ao chegar a esta tarefa o primeiro foi comprobar se os desenvolvedores (da distro) esqueceran incluÃr o galego, pero parece que non é iso, que os do Amarok non o publicaron na última versión.
Efectivamente, descarguei a última versión, a 2.3.1, e no tarball non hai gl. Alguen sabe por que? Quizais non habÃa galego ou estaba moi pouco avanzado por aquel entón? O caso é que, salvo que alguén responda o contrario, asumo que o problema foi que a tradución non estaba avanzada abondo. O que me leva á segunda pregunta: hai alguén traballando na tradución do Amarok nestes momentos âou que teña pensado traballar nela dentro de poucoâ? PS: en caso negativo ofrézome, por suposto, pero sóame que alguén comentara que estaba empezando a traballar nel. ------------ próxima parte ------------ A non-text attachment was scrubbed... Name: non dispoñÃbel Type: application/pgp-signature Size: 230 bytes Desc: This is a digitally signed message part. URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100722/d9db4e28/attachment.pgp>

