https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/karmic/+lang/gl/+index?start=450&batch=50

2010/7/22 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>

> Aló polo meses de febreiro-marzo paseille a Miguel Branco as tradus de
> amarok e outros tres ficheiros asociados, xa que o rematara para Ubuntu.
>
> 2010/7/22 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>
>
>> Bueno, limpando a miña lista de tarefas pendentes cheguei a «conseguir que
>> Chakra GNU/Linux teña o Amarok en galego». Isto ven de que estou probando
>> unha
>> distro nova e estrañoume ver que o Amarok estaba en inglés e non tiña o
>> galego
>> dispoñible. Ao chegar a esta tarefa o primeiro foi comprobar se os
>> desenvolvedores (da distro) esqueceran incluír o galego, pero parece que
>> non é
>> iso, que os do Amarok non o publicaron na última versión.
>>
>> Efectivamente, descarguei a última versión, a 2.3.1, e no tarball non hai
>> gl.
>> Alguen sabe por que? Quizais non había galego ou estaba moi pouco avanzado
>> por
>> aquel entón?
>>
>> O caso é que, salvo que alguén responda o contrario, asumo que o problema
>> foi
>> que a tradución non estaba avanzada abondo. O que me leva á segunda
>> pregunta:
>> hai alguén traballando na tradución do Amarok nestes momentos ─ou que 
>> teña
>> pensado traballar nela dentro de pouco─?
>>
>> PS: en caso negativo ofrézome, por suposto, pero sóame que alguén
>> comentara
>> que estaba empezando a traballar nel.
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100722/2ca71985/attachment-0001.htm>

Responderlle a