O Luns, 11 de Xuño de 2012 01:50:01 Antón Méixome escribiu:
> 2012/6/11 Jorge Barreiro <yortx.ba...@gmail.com>:
> > Boas,
> > 
> > algúns dos paquetes utilizados no instalador de Debian utilizan o
> > «Translation Project» para organizar as súas traducións. En concreto,
> > falo do paquete «iso- codes_iso_3166», que xa teño completado.
> > 
> > Non sei exactamente quen se pode encargar diso, pero gustaríame que se me
> > engadira na lista de tradutores, e se me asignara o paquete, se é preciso
> > para que me acepten a tradución.
> > 
> > Saúdos!
> 
> Aparentemente Javier Tarrío era o tradutor desde paquete pero non
> consta que estea "asignado" a ninguén en concreto, así que deberia
> considerarse libre para traducir por calquera.
> 
> http://translationproject.org/domain/iso_3166.html
> 
> Como membro do equipo, o que eu sei é que para enviar traducións ao
> Translation Project faise, nalgúns paquetes, non en todos, cun "robot
> de correo". Non sei se é o caso dese. A miña experiencia é que é
> "puñetero" pero funciona.
> 
> Tentaches poñerte en contacto con Tarrío. Non se actualiza desde o 2007.
> 
> http://translationproject.org/html/robot.html
> 
> O aviso este:
> 
> The Translation Project robot is not allowed to update the registry
> with new information about maintainers, languages, or translators, nor
> is it allowed to process POT files.
> 
> parece indicar que ou te pos en contacto con Tarrío ou hai que xestionalo
> 
> a) vía  Tsao Santín   http://translationproject.org/team/gl.html
> 
> b) vía <coordina...@translationproject.org>
> 
> Polo demais, os datos de equipo e tal non variaron.
> 

Jaboco Tarrío deixou oficialmente de traducir, que eu saiba. Sei que ninguén se 
está encargando. De feito, fai un par de anos completeino eu para o instalador 
de Debian, pero envieino a Debian directamente, e vese que a actualización non 
chegou á orixe. Pero o Translation Project parece requirir moitas 
formalidades, por iso pregunto.

Xa me puxen en contacto con Tsao Santin para que me xestione.

Saúdos e gracias.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a