No caso concreto que comentas, eu empregaría «de pago», dado que entendo que o 
feito de que sexa necesario pagar é o que motiva que exista esa mensaxe («isto 
só o podes facer se pagas»).

Agora si, ao traducir «premium» en calquera outro contexto, «preferente» 
paréceme o mellor. En xeral, cando «Premium» se traduza dende o punto de vista 
da empresa que ofrece o servizo, e á que non lle interesará falar de «de pago» 
(pois quere que o cliente pense no que gaña, non no que perde), «preferente» 
paréceme a única tradución viable.

O Sábado, 7 de Xullo de 2012 18:47:14 Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Ola.
> 
> Como traducimos premium cando se refire as funcionalidades preimum que
> ofrece un servizo. Normalmente son as funcionalidades que che dan ao
> pagar.
> 
> O servizo do que falamos é YouSendIt, que é un dos servizos que
> emprega Thunderbird para enviar ficheiros de gran tamaño nos correos.
> 
> Sending files larger than 50 MB is a premium feature.
> 
> Non atopei nada en open-tran. En Kde aparece sen traducir.
> No cluvi aparece sen traducir, ou como adicional, premium services,
> servizos adicionais, para win.
> 
> Falando con Bouzada, falamos de:
> 
> Preferente
> Mellorado
> De pago
> 
> Eu optei por preferente, pero hai que discutilo e fixalo.
> 
> Algo que falamos pola mensaxaría:
> 
> http://www.wordhippo.com/what-is/another-word-for/premium.html
> 
> http://www.latinwordlist.com/latin-words/praemium-premium-23839143.htm
> como ves correspondese con Reward e Prize
> e usase tanto para indicar "de pago" como "mellorado"
> que viría ser ... Premium Service → Servicio de pago , Srevicio
> mellorado, incluso Servicio mellorado de pago
> 
> para acadar o servicio preferente, igual hai que pagar, rexistrarse,
> ou está reservado/restinxido segundo x norma/condición
> 
> creo que p "premium" é unha opción do tipo "Pro", só que Pro entendese
> máis como de empresa e Premium é máis xeneralista
> insisto...
> 
> ao igual que Bouzada, pareceme que "Preferente", é unha opción
> bastante aceptábel.
> 
> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a