Ola.

Semella que desde o cixug contrataron un tradutor bidireccional para
as universidades. Tenme pinta de que é para traducir as páxinas web
das tres universidades e que irá integrado en OpenCMS, que é o CMS que
usan as tres para a súa web institucional. As web faranse en galego e
traduciranse automaticamente con este tradutor. Pode ser unha boa
idea.

Como non, adxudicado a IMAXIN. Factoría de Software e Multimedia, S.L.
Son case 45.000€

http://www.cixug.es/p_contratante/expedientes/exp_adxu.html

A ver do que nos enteramos co paso do tempo. Debería ser liberado como
software libre pero dáme que non vai ser así. Pena non ter visto o
prego das condicións.

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a