Supoño que empregaran o opentran (baseado no apertium). A cousa sería saber
se vai a seren un servizo ou unha implementación específica.

2012/7/8 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>

> Ola.
>
> Semella que desde o cixug contrataron un tradutor bidireccional para
> as universidades. Tenme pinta de que é para traducir as páxinas web
> das tres universidades e que irá integrado en OpenCMS, que é o CMS que
> usan as tres para a súa web institucional. As web faranse en galego e
> traduciranse automaticamente con este tradutor. Pode ser unha boa
> idea.
>
> Como non, adxudicado a IMAXIN. Factoría de Software e Multimedia, S.L.
> Son case 45.000€
>
> http://www.cixug.es/p_contratante/expedientes/exp_adxu.html
>
> A ver do que nos enteramos co paso do tempo. Debería ser liberado como
> software libre pero dáme que non vai ser así. Pena non ter visto o
> prego das condicións.
>
> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a