Teño:
- Código fonte:
- kde/KDE/calligra/[código fonte do módulo]
- kde/trunk/gl/messages/calligra/kexi.po
- kde/trunk/scripts/lokalize/opensrc.py (e configurado no proxecto xunto con
outros dous).
Xulgando polas seguintes liñas do guión:
ourPath=([p for p in sys.path if p.endswith('/scripts/lokalize')]+[''])[0]
ourPath+'/../../../KDE/kdebase/'+s+'/'+package
Entendo que teño as rutas de acordo co que se espera.
Pero ao premer nas ligazóns ao código fonte dende Kexi, sáltame unha xanela de
diálogo coa mensaxe:
«Non se poden abrir os ficheiros de fontes porque non ten cargado ningún script
para facer tal cousa. Consulte o manual de Lokalize para ver exemplos de
scripts e como integralos no seu proxecto.»
Estou a empregar Lokalize 1.4.
O Luns, 16 de Xullo de 2012 08:20:13 mvillarino escribiu:
> Bon día,
>
> Necesito que provedes esta función. Para isto:
> a) Na configuración do proxecto, sección "Scripts" comprobade que o
> "Open source file" está presente, e mediante o botón "Editar" que se
> refire a un script que está en trunk/l10n-kde4
> b) Satisfeito o anterior, mirade de baixar o código dun programa e
> deixádeo en trunk/KDE/modulo/programa.
> c) Iniciade o lokalize desde unha terminal, abride o ficheiro po
> correspondente e premede no nome do ficheiro, no panel de "Metadatos"
>
> d) D.m. debería abrirse o ficheiro fonte, na liña correcta. Se non
> vaí, por favor pasádeme as mensaxes de erro que apareceron na
> terminal.
>
> Saúdos, Marce
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> [email protected]
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto