Boas:
Hai forma de enviar novas mediante RSS?
No meu caso teño meu propio blogue, con temática diversa, se non me erro penso que podo crear unha semente RSS coas que sexan interesantes para publicar en trasno. Alguén que controle drupal podería dar unhas indicacións rápidas de como facer isto? Mirei de facelo eu máis despois de identificarme na web, non vexo forma de facelo.
Deica.

En 10/08/2012 10:46, Miguel Branco escribiu:
Ola,

Recórdovos que na web tendes dispoñible rexistrarvos e publicar novas
sobre dos proxectos que traducides ou sobre todo o que queirades con
relación á tradución. Con isto facilitámoslle a xente que coñeza os
proxectos nos que se traballa e/ou se a teñen dispoñible en galego etc.
Rexistrádevos e Navegación > Crear contido > artigo do blogue. Unha vez
publicada xa remitimos polas redes sociais a nova.

E así tamén se pode difundir a necesidade de máis xente colaborando, que
non é nada menosprezable.

nb. Unhas do LibreOffice e o KDE 4.9 non estaría mal :)

Apertas e bo verán,
M. Branco


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a