El día 2 de septiembre de 2012 19:22, Miguel Branco
<mgl.bra...@gmail.com> escribió:
> Pregúntannos a trasno por redes sociais, se nunha ferramenta de CAD isto
> sería así:
>>
>> "ando tratando de determinar a tradución correcta de
>> "dimension/dimensioning" (en) "cota/acotar" (es)"

Opino

Depende do campo exacto porque o termo inglés é polivalente. Os termos
utilizados nas linguas romances tamén. Tanto se se trata de medidas de
volume + peso ou á representación xeométrica dun deseño industrial, e
por non falar doutros campos. Non se traduce igual.

Propoño que use en galego

- dimensión/s e dimensionar (de onde dimensionado) →medida xeral
volumétrica e cálculo espacial, cálculo de capacidade
- cota e cotar (de onde cotación) →medida exacta - e tolerancia- dun
obxecto nun debuxo técnico e forma de representación gráfica (fr.
cotation, it. quotatura, pt. cotagem, es. acotación)


En galego, a RAG non recolle ningunha palabra con este valor técnico.
Para «cota» recolle ata 3 acepcións que non teñen nada que ver. Para
«dimensión» recolle simplemente o valor de medida. Tampouco nos aclara
o verbo que hai que usar.

Entre os posibles «cotación/cotaxe» prefiro o primeiro porque os
rematados en -axe son sempre antigos, como corresponde a un sufixo de
orixe provenzal, mentres que a derivación en -ción é nomal e
perfectamente activa no idioma.

O máis parecido que temos en galego, «cota» co sentido de liña que
representa unha altura isométrica do terreo
http://dicionarioconstrucion.coag.es/es/node/5074

>
>
> que sería este termo: http://pt.wikipedia.org/wiki/Cotagem
>
> Opinións?
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a