2012/9/8 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2012/8/3 Fran Dieguez <lis...@openhost.es>:
>> E que tal se a colgades nunha url?
>>
>> Digo porque eu sempre tenho conexión e así pode ser un servizo máis de
>> Trasno.
>
> Finalmente decidiuse non facer iso. Para as consultas en Internet xa
> temos o Glósima ou o Terminator. Agora mesmo non están publicadas as
> últimas cousas, pero cando teñamos tempo moveremos toda a terminoloxía
> a Terminator e publicarase toda a terminoloxía pendente.
>
> A páxina de consulta dinámica está pensada para aquela xente que non
> ten conexión á Internet, ou que dispoñendo dela prefire consultar unha
> páxina local por razóns de eficiencia.

Por certo, estes últimos días estiven facendo varias melloras no
código Javascript. A última versión está dispoñíbel onde sempre:
http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a