Ola, Propoño realizar ata primeiros de novembro cursos esporádicos de localización. Isto sería, quen queira -- calquera de vós -- realizar un curso dun tema calquera relacionado coa localización:
- proporíao por aquí - organizaríase de xeito autónomo para realizalo - faríase en centros educativo (Bacharelatos, FPs...) ou Centros Sociais e Asociacións... - en canto se fixe que se realizará informase por aquí - e despois do evento dariase o resumo de como foi e o que se conseguiu pola wiki (fotos, inda que non se fagan públicas, son necesarias) Publicitando o Proxecto Trasno, os gastos de dietas e desprazamentos poden ser cubertos pola asociación *ata o 1 de novembro*!. Despois de novembro poderíanse realizar igualmente pero a AC non podería cubrir os gastos. Calquera problema que vexades para organizar eventos nalgún sitio en concreto informádenos á directiva da AC e miraremos de solucionalo. O *obxectivo* é dirixirnos directamente a sectores nos que vexamos que poida haber futuros localizadores ó galego e/ou nos cales nos interese difundir o proxecto. Segundo vaiades propoñendo eventos* anotádeos na wiki* - Estado - En colaboración co (se a houber) - Administración: (quen administra o evento, no caso de haber un C. Educación Secundaría, FP, AC...) - Lugar - Datas - Relatores - Horarios - Público obxectivo (idade, formación, datos polos que é de interese...) Segundo fagades, cubride os datos aquí: http://wiki.trasno.net/Cursos_espor%C3%A1dicos_de_localizaci%C3%B3n Para cada curso en concreto, abride unha páxina na wiki e dádelle ligazón a anterior, a principal. Espero que vos guste o proxecto e vos animedes. Para calquera evento na Comarca da Coruña podedes case seguro contar comigo. Apertas!
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto