Sorry,

tenho que precisar que as easing functions son as funcións de aceleración.


Saúdos

Fran Dieguez

On Mér 19 Set 2012 23:33:40 CEST, Fran Dieguez wrote:
Ola rapaces,

tenho certos problemas á hora de traducir unha serie de
funcionalidades nas release notes de GNOME 3.6. Explícome:

GNOME 3.6 conta con novas funcionalidades integradas para animación de
xanelas baseadas en CSS3. De tal forma que podes animar a aparición,
desaparición, realzado ou "mover unha xanela dun xeito especial" cando
algo se abre, se pecha ou por exemplo recibe unha notificación.

As funcións son as míticas funcións lineais que se poden estudiar en
carreiras técnicas pero que, cando menos a min sempre me nomearon en
inglés. Podedes ver exemplos no seguinte enderezo
http://www.robertpenner.com/easing/easing_demo.html e neste tamén
http://gizma.com/easing/

Case todas as bibliotecas web gráficas implementan estas "animacións"
ou "transicións" de movementos. Por exemplo jQuery conta con un
engadido que as implementa: http://gsgd.co.uk/sandbox/jquery/easing/

Como son funcións internas e que só van ver programadores (en ningún
se mostran ao usuario) optei por non traducilas en gtk+, porén nas
release notes lístanse algunhas como exemplos.

"Added new easing modes defined by the CSS3 Transitions specification:
steps, cubic-bezier, step-start, step-end, ease, ease-in, ease-out,
ease-in-out."

Polo que preciso da vosa axuda para traducir, ou non, estas "funcións
de movemento lineal".

 - Ease in
 - Ease out
 - Ease in-out
 - [...]

E logo as funcións ás que se adscriben:
 - Linear
 - Quintic
 - Quadratic
 - Cubic
 - Exponencial

Realmente estas últimas non están en GNOME 3 nin en CSS3 pero xa que
estamos por traducilas...

Cheers
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a