2013/10/30 Antón Méixome <[email protected]>: > Benvida Maria - e aos que se asoman e aínda non falan ;-) > > Aproveitando o teu correo de presentación na comunidade, co que > resulta evidente que tes un perfil máis ca sobrado para afrontar a > localización de software ao galego :-) e podes ser un valioso membro > dela; digo, gustaríame dicir que ademais de traducir, para formar > parte da comunidade Trasno é tamén vital axudar a mellorar á propia > comunidade porque se basea na idea de colaborar, apoiarnos mutuamente, > compartir a bagaxe de coñecemento que ten cada un, para enriquecernos > todos ou facilitar a participación de novos tradutores galegos de > software. > > Ao mellor non o dicimos tanto como deberiamos e eu, particularmente > por ser xa un pouco velloco, teño a impresión de que aínda habendo > tantos ocos por cubrir aos novos fáiselles difícil atopalos. Hai > moitas maneiras de axudar: as traducións técnicas de manuais, wikis ou > a elaboración de pequenas guías sobre a utilización práctica de > tecnoloxías de tradución, de aplicativos concretos, de criterios de > mellora do estilo, a recollida e documentación de terminoloxía que > utilizan as interfaces, a redacción de resumos ou notas de versións de > aplicativos nos que participamos ou coordinamos... a difusión por > redes sociais dos produtos resultantes, a participación como relator > en seminarios para dar a coñecer o labor, a colaboración e > participación nas nosas "quedadas" ... incluso simplemente o feito de > atopar erros, baleiros ou propoñer melloras no web son moi valiosas. > > E por suposto, consultar a calquera outro membro sobre calquera tema > no que vexamos que nos pode axudar. Normalmente é un pracer. > > Creo que se entende o que quero dicir: debemos ser constantes, > pacientes e afrontar retos en principio impensados como facerse > responsables da versión galega ante unha fundación de software > internacional ou facer videos de presentación de aplicativos libres > que non son coñecidos pola main stream porque sabemos que temos o > apoio de xente de diverso perfil ao noso mais xente nos pode botar > unha man se pode, e temos ou podemos conseguir a infraestrutura que > sexa necesaria ou os medios para acadar novas metas nos obxectivos da > comunidade. En definitiva, se nos gustaría que "se fixese" algo, aquí > estamos no lugar adecuado, o lugar para comezar a facelo partindo da > iniciativa propia. > > Por aquí seguimos > > Antón Méixome > > > 2013/10/30 Miguel Branco <[email protected]>: >> Máis que benvida!. >> >> Se tes en mente algunha aplicación que che interese, coméntanolo. Senón >> podémosche recomendar algunha na plataforma transifex.com. >> >> >> 2013/10/30 María do Campo Bayón <[email protected]> >>> >>> Bos días a todos, chámome María e son un estudante galega do máster en >>> Tradumática (Traducción e Novas Tecnoloxías da Universidad Autónoma de >>> Barcelona). Previo o máster, fixen a carreira de traducción e interpretación >>> na Uvigo (onde coñecín esta asociación) polo que domino inglés e francés. >>> Coido que colaborar con todos vós sería unha experiencia moi boa para min e >>> estou libre para empezar. Un saúdo. >>> >>> -- >>> Traductora EN>ES/GL>EN; FR/PT/CA>ES/GL >>> Correctora y revisora.
Benvida ao Proxecto Trasno. Non vou dicir que Transifex sexa o mellor lugar para traducir xa que traballo para a competencia :), pero alí hai unha boa manchea de cousas para traducir. Non me sobra agora mesmo o tempo para dar indicacións, pero se precisas axuda pregunta! E de novo benvida, que nunca hai xente abondo. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

