Boa tarde,

esta madrugada fixéronse as operacións nos repositorios conducentes a
ter 4.13 en trunk e 4.12 en stable.

De resultas: a GUI da SC 4.12 ten un total de 137996 unidades de
tradución, das que temos:
137367 traducidas, 364 como dubidosas e 265 en branco.

Eu estiven estes días por trunk, pero dado que estamos perto do día da
saída da versión final do 4.12 (o día 11 de novembro debería estar
todo enviado), hei meterme en stable.

Quen esteña a traballar na stable, que pase os ficheiros axiña. Eu
pola miña banda procurarei comezar polos módulos que teñan menos
textos pendentes.

Saúdos, Marce
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a