Creo que a tradución deste termo podería cambiar bastante segundo o
contexto.

Por exemplo, á "implementation" dunha función podería chamárselle
"definición", mentres que á "implementation" dun algoritmo poderíaselle
chamar "aplicación", e nun sentido máis abstracto poderíase usar mesmo
"solución": a nosa solución é máis eficiente ca do outro equipo.

Dende logo non creo que teñamos en galego ningunha palabra equivalente 100%
con "implementation" (ou "implement", para o caso).


2014-03-24 16:26 GMT+01:00 Xosé <[email protected]>:

> Para "implement" atopo «realizar», «levar a cabo» no Terminator; nada para
> "implementation".
>
> Que opcións podedes suxerir?
>
> Xosé
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> [email protected]
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a