2014-05-28 12:31 GMT+02:00 Antón Méixome <[email protected]>: > Hai un tempo falárase na lista deste termo sen chegar a unha solución > que quedaba para discutir nunha Trasnada. Creo que non se chegou a > debater. > > to port - porting > > Preocúpame especialmente o substantivo en casos nos que o uso non é > exactamente a refabricación de código. > > Portaxe? (coma en francés) > Portabilidade ? (coma en portugués e italiano e para o cal hai que > definir ben que significa porque esta ten outro uso, o de peza moble) > Porteo ? > Portación ? > Conversión? > Tradución? > > O verbo, ás veces pode ser ben explicado con outras opcións > > - adaptar > - migrar > - transformar > > > Hai porting de código, de plataforma, de ámbito de uso. Exemplo: > > The most recent license version is 4.0, which can be used > internationally. If you are searching for a port of the license for a > particular jurisdiction, however, you may still use them.
Non teño unha idea clara. Pero estiven remexendo nos arquivos que teño e saquei estas opcións non listadas aquí: «adaptación» (tamén como «retroadaptación»), «porte» Agora as miñas opinións: * «porte» podería adaptarse ben: http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=293568 pola idea de transportar. portar non ten o significado que nos interesa, pero xa postos ningunha palabra o vai ter xa que é un concepto novo. * «portaxe» está relacionado cun imposto de acceso, non o vexo aplicable * «migración» xa se emprega para «migration» e prefiro ter termos especializados e diferenciados * «adaptación» podería valer. * «transformación» moi ben, pero paréceme demasiado xenérico. * «portabilidade» para refirirse a «porting» non o vexo. Parece boa tradución para «portability». * «portación» existe? * «porteo» existe? Creo que se deberían tratar o substantivo e o verbo como un todo. E incluír tamén «backport». Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

