O 27 febreiro 2016 11:50, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: > > > O 27 febreiro 2016 10:24, Dani <[email protected]> escribiu: >> >> Boas: >> >> Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación. >> >> http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1923661 >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar >> >> vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou por algo >> parecido a deployment ou implementar opcións que non son válidas. >> Temos o portugués que opta por implantaçao >> >> sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle despregamento diría >> que a definición on acae tan ben como implantación que diría se aproxima >> máis ó concepto do que se está a tratar. >> >> Como o vedes? >> >> >> > > Sacando da discusión os valores de implantar da enxeñaría civil no sentido > de "deseñar/trazar a planta" ou de introducir algo en materias vivas > (implantes) > > > O problema son os matices de significado porque implantar non significa > "poñer en práctica ou en produción", soamente introducir. O portugués > distingue entre introducir e facer funcionar. > > Pt > Implantar significa iniciar alguma coisa, e implementar significa pôr essa > coisa em prática . Por exemplo, para que uma lei seja implementada, > primeiramente é preciso que ela seja implantada, ou seja, promulgada, > sancionada, para só então ser executada (implementada). > > > En galego, non consta implementar (seguramente por ser unha palabra moi > recente e con valores unicamente de argot técnico) así que só queda > implantar ao que parecen querer darlle ambos valores > > implantar > verbo transitivo1 Introducir [algo] nun lugar e facer que se desenvolva, > empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis ou menos estable. > Implantaron un réxime liberal no seu país. SINÓNIMO instituír > > En español... vamos dicir que hai algo de "postureo" porque a palabra > implementación é unha modernez : > https://es.wikipedia.org/wiki/Implementaci%C3%B3n > Pero realmente en español a cousa non está nada clara: > http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/software+deployment.html > > En galego xa se adoita utilizar despregamento neste campo con certa > frecuencia > > https://www.google.es/search?client=ubuntu&channel=fs&q=despregamento&oq=despregamento&gs_l=serp.3...16408.16408.0.17485.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0....0...1c.1.64.serp..0.0.0.HLHwqzwkl3w > > > Lamentablemente no buscatermos da USC non atopo nada máis consistente para > deployment > > Conclúo, > Inclínome máis por despregamento pero creo que ambas solucións son válidas.
Empregar «despregamento» http://www.digatic.org/en/node/6152 Evitar "despregue". "implantación" non parece significar exactamente o mesmo, de acordo coa definición de "implantar" e "despregar" no DRAG. Por certo, evitade "instalación" tamén. Respecto de resultados en glosarios só atopei «despregamento» no de Microsoft. Deica _______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

