O 27 febreiro 2016 13:13, Leandro Regueiro
<leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 27 febreiro 2016 11:50, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>
>>
>> O 27 febreiro 2016 10:24, Dani <d...@damufo.com> escribiu:
>>>
>>> Boas:
>>>
>>> Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación.
>>>
>>> http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=1923661
>>> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar
>>>
>>> vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou por algo
>>> parecido a deployment ou implementar opcións que non son válidas.
>>> Temos o portugués que opta por implantaçao
>>>
>>> sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle despregamento diría
>>> que a definición on acae tan ben como implantación que diría se aproxima
>>> máis ó concepto do que se está a tratar.
>>>
>>> Como o vedes?
>>>
>>>
>>>
>>
>> Sacando da discusión os valores de implantar da enxeñaría civil no sentido
>> de "deseñar/trazar a planta" ou de introducir algo en materias vivas
>> (implantes)
>>
>>
>> O problema son os matices de significado porque implantar non significa
>> "poñer en práctica ou en produción", soamente introducir. O portugués
>> distingue entre introducir e facer funcionar.
>>
>> Pt
>> Implantar significa iniciar alguma coisa, e implementar significa pôr essa
>> coisa em prática . Por exemplo, para que uma lei seja implementada,
>> primeiramente é preciso que ela seja implantada, ou seja, promulgada,
>> sancionada, para só então ser executada (implementada).
>>
>>
>> En galego, non consta implementar (seguramente por ser unha palabra moi
>> recente e con valores unicamente de argot técnico) así que só queda
>> implantar ao que parecen querer darlle ambos valores
>>
>> implantar
>> verbo transitivo1 Introducir [algo] nun lugar e facer que se desenvolva,
>> empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis ou menos estable.
>> Implantaron un réxime liberal no seu país. SINÓNIMO instituír
>>
>> En español... vamos dicir que hai algo de "postureo" porque a palabra
>> implementación é unha modernez :
>> https://es.wikipedia.org/wiki/Implementaci%C3%B3n
>> Pero realmente en español a cousa non está nada clara:
>> http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/software+deployment.html
>>
>> En galego xa se adoita utilizar despregamento neste campo con certa
>> frecuencia
>>
>> https://www.google.es/search?client=ubuntu&channel=fs&q=despregamento&oq=despregamento&gs_l=serp.3...16408.16408.0.17485.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0....0...1c.1.64.serp..0.0.0.HLHwqzwkl3w
>>
>>
>> Lamentablemente no buscatermos da USC non atopo nada máis consistente para
>> deployment
>>
>> Conclúo,
>> Inclínome máis por despregamento  pero creo que ambas solucións son válidas.
>
>
> Empregar «despregamento»
>
> http://www.digatic.org/en/node/6152
>
> Evitar "despregue". "implantación" non parece significar exactamente o
> mesmo, de acordo coa definición de "implantar" e "despregar" no DRAG.
> Por certo, evitade "instalación" tamén.
>
> Respecto de resultados en glosarios só atopei «despregamento» no de Microsoft.

Ola de novo,
acabo de mirar nas memorias de tradución (algo moi latoso, teño que
rematar unha interface de busca máis sinxela pero xa) e estes son os
resultados:


«despregue» (55), habendo moitisimos resultados de Netbeans. Netbeans
usa «repregue» para «undeployment».
«implementación» (5), opción que creo que é incorrecta.
«despregamento» (4), a opción que sigo crendo que é a correcta.
«implantación» (1), que podería valer.
«distribución» (1), pero no contexto moi específico de distribución de
tropas (é no Battle for Wesnoth). Tamén válida, pero neste contexto.


Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a