Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-29 Conversa damufo

Boas:
Pois se a todos lle parece ben usar ronsel para breadcrumbs, será o que use.
Saúdos

Leandro Regueiro escribiu:

Ola a todos, non é por nada, pero se ides a trasno.net xa vedes
directamente o de ronsel :) A min gústame moito máis cás outras
opcións.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-26 Conversa Leandro Regueiro
Ola a todos, non é por nada, pero se ides a trasno.net xa vedes
directamente o de ronsel :) A min gústame moito máis cás outras
opcións.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-25 Conversa damufo

Grazas a todos polas aportacións
ronsel pode ser unha opción igual que rastro
tamen teño pathaway que se digo a verdade ainda non sei moi ben a 
diferencia.

Vou meditar uns días isto.
grazas de novo


Antón Méixome escribiu:


E que tal "ronsel"

ronsel s.m. 1. Rastro, que recorda un camiño, que queda na superficie da 
auga cando algo esvara sobre ela. O barco deixa ó pasar un ronsel. 2. 
Por ext., rastro que deixa ó seu paso un corpo que se move. Os esquís 
deixan un ronsel na neve.


Antón Méixome

mvillarino escribió:

O Mércores 24 Setembro 2008 17:57, Javier Pico escribiu:

A tradución "migas de pan" non me convence.
Farangullas, please!. Miga de pan é unha estrutura sedimentaria que se 
forma nas praias supostamente por deposición rápida da area en 
condicións de enerxía algo alta. Recoñécese porque ao camiña o pé 
afúndese algo, e aparecen como borbulla ou furadiños (como da pulga).

Que tal "rastro"?


Outro par de céntimos: localización






Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-25 Conversa Antón Méixome


E que tal "ronsel"

ronsel s.m. 1. Rastro, que recorda un camiño, que queda na superficie da 
auga cando algo esvara sobre ela. O barco deixa ó pasar un ronsel. 2. 
Por ext., rastro que deixa ó seu paso un corpo que se move. Os esquís 
deixan un ronsel na neve.


Antón Méixome

mvillarino escribió:

O Mércores 24 Setembro 2008 17:57, Javier Pico escribiu:

A tradución "migas de pan" non me convence.
Farangullas, please!. Miga de pan é unha estrutura sedimentaria que se forma 
nas praias supostamente por deposición rápida da area en condicións de 
enerxía algo alta. Recoñécese porque ao camiña o pé afúndese algo, e aparecen 
como borbulla ou furadiños (como da pulga). 


Que tal "rastro"?


Outro par de céntimos: localización



Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa mvillarino
O Mércores 24 Setembro 2008 17:57, Javier Pico escribiu:
> > A tradución "migas de pan" non me convence.
Farangullas, please!. Miga de pan é unha estrutura sedimentaria que se forma 
nas praias supostamente por deposición rápida da area en condicións de 
enerxía algo alta. Recoñécese porque ao camiña o pé afúndese algo, e aparecen 
como borbulla ou furadiños (como da pulga). 

> Que tal "rastro"?

Outro par de céntimos: localización

-- 
Best regards,
MV


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Manuel A Vazquez
Ola a todos:
En dokuwiki pon "Trazado".

 Saúdos:Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es






Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Xosé
On Wednesday 24 September 2008 18:06:27 Miguel Branco wrote:
> Creo que o que acuñou o termo lera Hansel e Gretel, :) En fin.
>
> Que tal "marcas de posición"?. Como dí Javier, tamén, "rasto" parece
> axeitado.

E que tal "percorrido"?

É a mesma idea, expresa a idea dun camiño que se vai seguindo e que se pode 
realizar á inversa tamén e penso que se entende imediatamente.

Xosé


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Miguel Branco

Creo que o que acuñou o termo lera Hansel e Gretel, :) En fin. 

Que tal "marcas de posición"?. Como dí Javier, tamén, "rasto" parece axeitado. 


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Javier Pico
2008/9/24 damufo 

>  Ola:
> Como traduciriades breadcrumbs, isto ven a ser a ruta relativa que moitos
> sitios web ao ir entrando en apartados vai amosando onde estamos. Podemos
> ver un exemplo na páxina de mancomun.org, xusto debaixo do logo vai
> amosando onde estamos
> exemplo:
> » Inicio  [image: arrow] » Arquivo de
> novas  [image: arrow] Ofertas de
> emprego
>
> A tradución "migas de pan" non me convence.
> outras posibilidade son:
> -mapa de posición
> -mapa de situación
> -camiño de posición
> -posición
>
> como lle chaman a isto os de wordpress?
>
>
"Breadcrumbs" literalmente: "migas de pan"... anque supoño que non lle acae
nada ben.

Que tal "rastro"? [conserva o sentido orixinal]
<>