E que tal "ronsel"

ronsel s.m. 1. Rastro, que recorda un camiño, que queda na superficie da auga cando algo esvara sobre ela. O barco deixa ó pasar un ronsel. 2. Por ext., rastro que deixa ó seu paso un corpo que se move. Os esquís deixan un ronsel na neve.

Antón Méixome

mvillarino escribió:
O Mércores 24 Setembro 2008 17:57, Javier Pico escribiu:
A tradución "migas de pan" non me convence.
Farangullas, please!. Miga de pan é unha estrutura sedimentaria que se forma nas praias supostamente por deposición rápida da area en condicións de enerxía algo alta. Recoñécese porque ao camiña o pé afúndese algo, e aparecen como borbulla ou furadiños (como da pulga).
Que tal "rastro"?

Outro par de céntimos: localización

Responderlle a