[G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009-03-26 Conversa Marce Villarino
O Mércores 25 Marzo 2009 18:10:43 Antón Méixome escribiu:
 A ver se somos quen de aproveitala porque eu, particularmente, teño
 problemas para, unha vez creada, reutilizala mediante Lokalize (non me
 carga o TMX e si os TBX).

Lokalize carga os TMX que estexan correctamente formados... para o lokalize 
(*)

Debes facer unha serie de substitucións:
onde poña
tuv lang=en-US
debe pór:
tuv xml:lang=en

e analogamente, onde poña
tuv lang=en-US
debe pór:
tuv xml:lang=langcode

onde langcode é o código que se lle dea ao idioma, no caso do galego, «gl» a 
secas, sen o _ES ese tan innecesario.

sed -i gnome.tmx -e 's/lang=en-US/xml:lang=en/' -e 's/lang=gl-
GL/xml:lang=gl/'

(*)Téñase en conta que Nicolas vai trocar para dar soporte á versión 2.0, non 
a 1.4

[G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009-03-26 Conversa Manuel Souto Pico
Marce,

Tes certeza de que lang e xml:lang son o mesmo atributo? Eu non o sei, mais
teño visto glosarios TBX que de feito tiñan os dous en todos os langSet.

langSet xml:lang=en-US lang=es-ES (para termos en español)

langSet xml:lang=en-US lang=de-DE (para termos en alemán)

langSet xml:lang=en-US lang=en-GB (para termos en inglés británico)
... etc.

e por iso non tiña moi claro para que era o atributo xml:lang.

O que sí sei é que o namespace me da problemas para importar nalgunas
ferramentas se uso o atributo xml:lang para almacenar a lingua da entrada.

Por outro lado, se o lokalize non adminte o código ISO de lingua-país e por
tanto non permite conservar a información da variante lingüística, talvez
valese a pena escribir aos desenvolvedores para que muden iso para próximas
versións.

Saúde, Manuel

2009/3/26 Marce Villarino mvillarino en gmail.com

 O Mércores 25 Marzo 2009 18:10:43 Antón Méixome escribiu:
  A ver se somos quen de aproveitala porque eu, particularmente, teño
  problemas para, unha vez creada, reutilizala mediante Lokalize (non me
  carga o TMX e si os TBX).

 Lokalize carga os TMX que estexan correctamente formados... para o lokalize
 (*)

 Debes facer unha serie de substitucións:
 onde poña
 tuv lang=en-US
 debe pór:
 tuv xml:lang=en

 e analogamente, onde poña
 tuv lang=en-US
 debe pór:
 tuv xml:lang=langcode

 onde langcode é o código que se lle dea ao idioma, no caso do galego, «gl»
 a
 secas, sen o _ES ese tan innecesario.

 sed -i gnome.tmx -e 's/lang=en-US/xml:lang=en/' -e 's/lang=gl-
 GL/xml:lang=gl/'

 (*)Téñase en conta que Nicolas vai trocar para dar soporte á versión 2.0,
 non
 a 1.4
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090326/5cda8196/attachment.htm
 
[G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009-03-26 Conversa mvillarino
 proxecto que se teña aberto. Isto é, que se empregas «gl» debe ser
 «gl», se empregas «gl_ES» debe ser «gl_ES», e se empregas «gl_GL» debe
 ser «gl_GL».

CORRECCION: TMX 2.0 exixe que

 Lémbrese que o indicador de lugar xeográfico non é preciso no galego,
 e que o lokalize emprega polo tanto «gl» a pelo cando de escolle esta
 lingua. No caso de querer adicionarlle un país, non sei agora mesmo se
 ten recursos para facer iso, á parte de editar o ficheiro .ktp.

 langSet xml:lang=en-US lang=es-ES (para termos en español)

 Non, isto non é para termos en castelán. Isto é para termos no
 castelán que se emprega en españa.

 O que sí sei é que o namespace me da problemas para importar nalgunas
 ferramentas se uso o atributo xml:lang para almacenar a lingua da entrada.

 Descoñezo a situación, eu son un afeizoado que utiliza un programa
 chamado lokalise, e que se busca a vida para facerlle rular.

 Por outro lado, se o lokalize non adminte o código ISO de lingua-país e por
 tanto non permite conservar a información da variante lingüística, talvez
 valese a pena escribir aos desenvolvedores para que muden iso para próximas
 versións.

 Vid supra. Para escribirlle os desenvolventes tes catro opcións:
 4) Escríbellle directamente a Nicolas, que neste caso caseque de certo
 pasará de ti, como é de recibo.
 3) Comenta o tema na lista de correo kde-l10n-doc, onde che responderá.
 2) Abre un informe de erro en bugs.kde.org, xeito recomendado,
 posibelmente o que che dirán que fagas de ir por (3).
 1) Who does the work, decides. (Isto é KDE, non o esquezas).

[G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009-03-26 Conversa Lucia.Morado
Ola:

Xml: lang é lang é o mesmo atributo. En antigas especificacións de TMX usábase 
o lang só. Mais en versións posteriores desaconsellouse ese uso e recoméndase o 
uso do xml : lang.
(modifications Aug-29-2001 by YS (corrections)
   - lang is deprecated and replaced by xml:lang)

 En teoría é indiferente o uso de maiúsculas ou minúsculas nese atributo 
(Unlike the other TMX attributes, the values for xml:lang are not 
case-sensitive).

Supoño que a solución neste caso é falar cos de Lokalize e pedirlles que se 
acollan ó estándar ata nos pequenos detalles.

Lucía
-Original Message-
From: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-boun...@mancomun.org] On Behalf 
Of mvillarino
Sent: 26 March 2009 12:21
To: g11n en mancomun.org
Subject: Re: [G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009/3/26 mvillarino mvillarino en gmail.com:
 proxecto que se teña aberto. Isto é, que se empregas «gl» debe ser
 «gl», se empregas «gl_ES» debe ser «gl_ES», e se empregas «gl_GL» debe
 ser «gl_GL».

CORRECCIÓN: TMX 2.0 exixe que os códigos de idioma nas xml:lang
cumpran co RFC 4646, e segundo este, o separador do «language» e as
cousas opcionais que o seguen sexa un hifen.
Deste xeito, o código de idioma para o galego que se fala en
greenlandia é gl-GL, sen importar a utilización de maiúsculas que se
faga.

 langSet xml:lang=en-US lang=es-ES (para termos en español)

Segundo o borrador de TMX 2.0,  as tuv requiren o atributo xml:lang,
e non teñen entre os atributos requiridos nin opcionais o lang a pelo.
Este atributo aplícase a todo o contido do tuv excepto onde se
indique outra cousa, mediante unha xml:lang local.
Para o TBX, que é ao que te estas a referir, teño que consultalo.
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

[G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009-03-26 Conversa mvillarino
2009/3/26 Lucia.Morado Lucia.Morado en staffmail.ul.ie:
 Xml: lang é lang é o mesmo atributo. En antigas especificacións de TMX 
 usábase o lang só. Mais en versións posteriores desaconsellouse ese uso e 
 recoméndase o uso do xml : lang.

Non é que se recomende, é que é ilegal (no sentido de pórte á marxe do
estándar); a versión 1.4, que data de outubro de 2004, ou a 1.4b de
2005, non recollen o atributo «lang», só «xml:lang», e o mesmo pasa co
borrador da 2.0.

En consecuencia, tendo en conta que o contido do ficheiro declara ser:
 !DOCTYPE tmx SYSTEM tmx14.dtd
tmx version=1.4

e que nos contidos tuv emprega o atributo «lang», mentres que a
especificación indica (literatim)
«tuv
«Translation Unit Variant - The tuv element specifies text in a
given language.
«Required attributes: xml:lang.
«
«Optional attributes: o-encoding, datatype, usagecount, lastusagedate,
creationtool, creationtoolversion, creationdate,
«creationid, changedate, changeid, o-tmf.
«
«Contents: Zero, one or more note, or prop elements in any order,
followed by One seg element. »

tal vez sexa mellor solicitar dos desenvolventes do MergeTMX versión
1.1 que se axusten ao estandar 1.4, cando se empregue tal versión.

No entanto, debería pedírselle ao desenvolvente de Lokalize, ese
chaval ao que lle deron unha axuda para implementar mellor soporte de
XLIFF, que mellore o de TMX, no sentido de facelo máis verborreico,
cunha saída de depuración que indique que erros está a achar no
proceso, e que no permita engadir á base de datos unha lingua no canto
de outra (para arranxar o asunto do «en» no canto do «en-us» ou do
«gl»/«gl-xx».

[G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009-03-26 Conversa Antón Méixome
mvillarino escribiu:

Son da mesma opinión que a expresada aquí por Marce. Ora ben, se cadra, 
para reutilizar o traballo das traducións de Mancomún deberamos 
flexibilizar a idea do TMX e ofrecer tamén un PO completo que sirva como 
material para bases de datos de tradución que tamén manexa o Kbabel o 
Poedit e outros... como fan os de Gnome Brasil.

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090326/d43b605c/attachment.vcf
 
[G11n] Publicación da TMX de Gnome 2.26

2009-03-25 Conversa Antón Méixome

Remito á lista a MT da última tradución realizada por Mancomún sobre 
Gnome 2.26, unha vez que foi xa totalmente incorporada ao proxecto e que 
se converteu na versión estábel.

A ver se somos quen de aproveitala porque eu, particularmente, teño 
problemas para, unha vez creada, reutilizala mediante Lokalize (non me 
carga o TMX e si os TBX).

Por outra parte, a tradución desta versión aínda remite ao grupo Trasno 
e tamén o wiki de Trasno é onde está unha TMX anterior

http://www.trasno.net/trasno:memorias

Polo que pido se hai alguén na lista que poida subir esta memoria xunto 
da anterior, creo que, neste momento, é a mellor opción para dispoñer 
dela publicamente.

Un saúdo,

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : gnome-2.26.tmx.tar.gz
Tipo   : application/x-gzip
Tamaño : 1533053 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090325/115cb935/attachment-0001.bin
 
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090325/115cb935/attachment-0001.vcf