Remito á lista a MT da última tradución realizada por Mancomún sobre 
Gnome 2.26, unha vez que foi xa totalmente incorporada ao proxecto e que 
se converteu na versión estábel.

A ver se somos quen de aproveitala porque eu, particularmente, teño 
problemas para, unha vez creada, reutilizala mediante Lokalize (non me 
carga o TMX e si os TBX).

Por outra parte, a tradución desta versión aínda remite ao grupo Trasno 
e tamén o wiki de Trasno é onde está unha TMX anterior

http://www.trasno.net/trasno:memorias

Polo que pido se hai alguén na lista que poida subir esta memoria xunto 
da anterior, creo que, neste momento, é a mellor opción para dispoñer 
dela publicamente.

Un saúdo,

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : gnome-2.26.tmx.tar.gz
Tipo       : application/x-gzip
Tamaño     : 1533053 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090325/115cb935/attachment-0001.bin
 
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090325/115cb935/attachment-0001.vcf
 

Responderlle a