Re: shutdown -r now

2006-01-24 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Luns 23 de Xaneiro de 2006 ás 01:14, Jacobo dicía:

 Vaia, hai que recoñecelo: a web está detida en febreiro do 2004 (¿xa pasou
tanto tempo?), non hai CVS desde aquela, os sistemas de estatísticas non
funcionan, etc., etc. Incluso eu son inoperante como coordinador, e a
pesares diso algunha xente consegue traducir cousas e todo :-)

Pouco hai que dicir sobre isto ;)  Pola miña banda:

Coordinación de GNOME: Afortunadamente Nacho non fartou e seguiume
insistindo para que lle pasara a coordinación.  Ao final conseguiuno e
agora está a facer un traballo estupendo (100% traducido nos paquetes
básicos, parabéns!). Aquí non houbo perda pola inoperancia de Trasno.

Estatísticas: Sorprendentemente é o único que se mantén con vida na web...
As estatísticas de GNOME e KDE seguen a actualizarse (en grande parte
porque Nacho tamén me insiste para que poña as novas versións de GNOME,
e mira que podo tardar días e días en facelo) ;)

Dicionario: Hehe, como pasa o tempo :D  Cheguei á versión 0.14, e había
xa 277 termos. Pero diso hai xa 5 anos!!  Evidentemente non está
adaptado á nova normativa, e algunhas cousas sobran e faltan moitísimas
outras.  Polo menos serviría como base se alguén colle a tarefa.

Resto da web: Aquí xa me entra a risa :D :D  O deseño que hai agora
fíxeno eu hai 5 ou 6 anos, e aí ficou.  Debemos ter unha das páxinas
máis antigas de Internet X-) 

 A miña idea co Trasno é que sirva para que distintos grupos independentes
de tradución de software libre ao galego se poidan comunicar, e intercambiar
experiencia e coñecementos.

Paréceme o lóxico. Eu empecei a escribir unha mensaxe hai uns meses
sobre o mesmo, pero non cheguei a acabala...  Pero está claro que isto
precisa dunha refundación e descentralización, é o habitual noutras
linguas.  Mesmo en catalán, os de KDE van por libre e os proxectos que
están en softcatala.org teñen un wiki e/ou unha lista de correo
independente do resto.

 Estou pensando na lista de correo, nun portal, nun dicionario actualizado,
etc. Ou incluso algún sistema para intercambio de ficheiros, pero só para
grupos que non poidan ter o seu.

A miña opinión:

- Listas de correo: O ideal é ter só unha, para non ter ducias de listas
  case baleiras.  Pero se un grupo quere ter a súa non hai problema, sexa
  fóra ou dentro de Trasno.

- Portal: O mínimo posible, que teña unha pequena introdución, información
  sobre os recursos (lista, dicionarios...), e xa está.  O resto, só
  referencias aos grupos de tradución.

  Sobre a posibilidade de que os grupos usen a mesma web de Trasno,
  paréceme ben, pero isto ten un requisito básico: que sexa facilmente
  actualizable (non como agora que só Jacobo e máis eu podemos editar a
  web).  Usar un wiki non sería mala idea (o que vos dicía de softcatalà
  está en: http://www.softcatala.org/wiki/Portada)

- Dicionarios/guías de estilo: Aquí teño unha dúbida, ¿isto debería ser
  algo estático do portal, ou modificable polos usuarios?  ¿Só por algúns
  usuarios?  ¿Se cadra que haxa un ou dous encargados, e que os
  usuarios poidan facer comentarios na propia web?

  E aquí tamén teríamos que aproveitar a posibilidade de facer un glosario
  conxunto coa xente de galego21.org (que tamén voltaron á vida). Agora
  sería máis fácil que nunca, por motivos evidentes que comprenderedes
  cando visitedes o glosario na súa web :D

 http://www.galego21.org/doku.php/proxectos:glosario

  (parece que algunhas cousas dese dicionario de hai 5 anos aínda valen) ;)


A ver se fala máis xente, que Jacobo e máis eu xa levamos moito
falado aquí ;)

Saúdos!

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: shutdown -r now

2006-01-24 Conversa Xabier Villar
Home, aínda que non me vexo en situación de opinar, pois levo moi pouco
tempo colaborando  con Trasno (pese a que coñecía o proxecto dende fai
tempo), creo que o problema ven da falta de promoción do proxecto, así como
do descoñecemento do fácil que resulta colaborar na traducción.

É curioso que unha lingua con menos base de falantes como é o euskera teña
dispoñibles traduccións dos programas moito antes que o galego (nalgún caso
incluso aparece o asturiano antes que o galego); en gran medida creo que nos
perxudica a falta dunha asociación a nivel de Galicia de usuarios de SL (ou
GNU/Linux en concreto) efectiva (e que ninguén se sinta ferido por isto,
estou seguro que non é por falta de esforzo da xente, e confío en que isto
esté cambiando).

Unha necesidade, dende o meu punto de vista, independentemente do cambio que
se lla queira imprimir a Trasno, é a publicidade, que non só nos dediquemos
a traducir, senón que fagamos un esforzo para dar a coñecer o proxecto no
noso entorno (suplindo deste xeito a falta dunha asociación con pulo que
comentei antes).

Non é necesario un esforzo excesivo: para empezar, teríamos que expoñer na
web de xeito sinxelo o modo de colaborar, e se é posible, simplificalo con
métodos de traballo como os que propón Felipe Gil (a min freábame crer que
tiña que usar CVS, posto que como simple usuario non o coñecía), e despois
publicitala en lugares nos que poida ter acollida (na Facultade de Física de
Santiago,por exemplo, sempre houbo unha base de usuarios importante, aínda
que os últimos anos creo que baixou). Creo que isto nos permitiría obter
unha masa crítica de traductores, e unha vez obtido certo dinamismo, o
sistema podería manterse sen moito esforzo.

O que no entro a valorar é a centralización ou descentralización, porque non
teño nin idea... o que sí se me ocorre é que poderíamos distinguir entre
dous tipos de colaboración:

-Aqueles que dispoñan dos coñecementos, o tempo e o interés para ter acceso
a un sistema de control de versións (sexa CVS ou outro) directamente, pois
axilizaríalles moito o traballo

- Aqueles que colaboren de xeito esporádico, preferiblemente mediante unha
interfaz web, e que sí requeriría certo control


En fin, para no ter opinión creo que xa me extendín bastante ;P...
Simplemente agradecervos a todos os que levades tempo colaborando, por
permitirme ter a miña Debian case en galego; espero que co tempo e a miña
colaboración, chegue a compensarvos.

--

Xabier Villar
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: shutdown -r now

2006-01-24 Conversa David Fernandez Vaamonde
Jesus Bravo Alvarez wrote:

 Dicionario: Hehe, como pasa o tempo :D  Cheguei á versión 0.14, e había
 xa 277 termos. Pero diso hai xa 5 anos!!  Evidentemente non está
 adaptado á nova normativa, e algunhas cousas sobran e faltan moitísimas
 outras.  Polo menos serviría como base se alguén colle a tarefa.

Parece que un diccionario basado nun wiki podería ser unha grande idea,
eso sempre que non se ande á greña con normativas ou con outras
historias, senon faría falla unha ou duas persoas que foran os que
engadiran os termos despois de consensualos.

 Resto da web: Aquí xa me entra a risa :D :D  O deseño que hai agora
 fíxeno eu hai 5 ou 6 anos, e aí ficou.  Debemos ter unha das páxinas
 máis antigas de Internet X-) 

XD Home, eu creo que cos drupal que temos agora ou os sistemas de blogs
ou o que sexa, e facir conseguir algo renovado e sinxelo en moi pouco
tempo, non creo que sexa un problema grande :) Dende logo faría mais
sinxelo a actualización.


 
 - Portal: O mínimo posible, que teña unha pequena introdución, información
   sobre os recursos (lista, dicionarios...), e xa está.  O resto, só
   referencias aos grupos de tradución. 
   Sobre a posibilidade de que os grupos usen a mesma web de Trasno,
   paréceme ben, pero isto ten un requisito básico: que sexa facilmente
   actualizable (non como agora que só Jacobo e máis eu podemos editar a
   web).  Usar un wiki non sería mala idea (o que vos dicía de softcatalà
   está en: http://www.softcatala.org/wiki/Portada)

Pois iso un sistema de xestión de contidos sinxelo: Blog ou Wiki ou
ambos :). Miña opinión :) a web de GPUL mellorou considerablemente dende
que se mudou a un sistema mais dinámico e mais facilmente editable. Por
exemplo nun sistema tipo blog cada grupo podería poñer os seus avances e
 todos seguerían a enterarse de todo :)

 - Dicionarios/guías de estilo: Aquí teño unha dúbida, ¿isto debería ser
   algo estático do portal, ou modificable polos usuarios?  ¿Só por algúns
   usuarios?  ¿Se cadra que haxa un ou dous encargados, e que os
   usuarios poidan facer comentarios na propia web?

Eu, sen moito coñecemento de causa e se non hai grandes problemas con
termos (que sei que os hai ;)), o millor sería algo tipo ¿Wikipedia?,
pero xa digo, do ideal o funcional... ;)


   A ver se fala máis xente, que Jacobo e máis eu xa levamos moito
 falado aquí ;)

Inda que pouco traducín (inda teño por aquí as fortunes-gal XDDD), ahí
vos van os meus dous centimos de euro ;).

-- 
Saúdos, David.

David Fernandez Vaamonde   |   Unruly boys who will not grow up
http://www.cosasdedos.net  |must be taken in band 
http://deramaenrama.cosasdedos.net |

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: shutdown -r now

2006-01-24 Conversa mvillarino
O Terça, 24 de Janeiro de 2006 13:31, David Fernandez Vaamonde escribiu:
 Jesus Bravo Alvarez wrote:
  Dicionario: Hehe, como pasa o tempo :D  Cheguei á versión 0.14, e había
  xa 277 termos. Pero diso hai xa 5 anos!!  Evidentemente non está
  adaptado á nova normativa, e algunhas cousas sobran e faltan
  moitísimas outras.  Polo menos serviría como base se alguén colle a
  tarefa.

 Parece que un diccionario basado nun wiki podería ser unha grande idea,
 eso sempre que non se ande á greña con normativas ou con outras
 historias, senon faría falla unha ou duas persoas que foran os que
 engadiran os termos despois de consensualos.


De feito, é imposíbel consensuá-lo con base en diferentes normas, un exemplo 
disto é a traduzón da palabra inglesa show (verbo), que xa me trouxo 
problemas con Xavi  G. Feal: na norma oficial, a versión preferida é 
amosar, sendo segunda opzón mostrar. Pois ben se consultas o dicionário 
Alonso Estraviz (que ven a ser o de mínimos reintegrados), resulta que amosar 
é simplesmente facer unha marca na pel mediante un golpe (un 
moratón/cardenal, para abreviar). Outra é ítem/ítens, que se admite no 
léxico reintegrado, pero non atopo no dicionário RALG en liña (non dispoño 
dun impreso).
Xa que logo, no dicionário haberia que marcar nestes casos contados, cal é a 
palabra de preferéncia segundo a norma usada.

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpSdjZAmLvGN.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: shutdown -r now

2006-01-24 Conversa Xabi García
-Coido que un punto importante é a posibilidade de modificación da 
páxina para cada grupo. Na actualidade cada vez que se precisa modificar 
algo precísase facer un trámite máis complicado do que debía (eu 
empregaba unha páxina propia para anovar as asignacións das traducións, 
namentres dende Trasno se solicitaba o ficheiro cada noite).Se lle 
ofreces aos grupos a posibilidade de poder modificar o seu propio 
apartado na páxina, pode que te sexa máis doado que non se independicen 
de web e polo tanto se faga unha desmembración da tradución do Linux, sen 
interrelacións entre grupos (pódese facer un símil co estatut? ;))  
 
-Tamén estaría ben unha anovación do deseño da páxina, máis século XXI 
que XX. Pero sinxelo, e se pode ser para non complicarse a cousa coller 
algún deses deseños que hai pola rede de libre uso (http://tigert.com/, 
polo estilo parécenme sinxelos de usar e sinxelos de navegar, e non é 
deseño orixinal; de seguro que hai moitos exemplos aproveitables). Eu 
votaba unha man senón fose porque estes días me comezan os exames e non 
vou ter moito tempo. 
 
 
 

-- 
DSL-Aktion wegen großer Nachfrage bis 28.2.2006 verlängert:
GMX DSL-Flatrate 1 Jahr kostenlos* http://www.gmx.net/de/go/dsl
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Información sobre o trasno

2006-01-24 Conversa nacho resa
Ola a tod@s, son o actual coordinador de gnome, e gustaríame recibir algunha
información
sobre o que vai suceder co proxecto Trasno.
Graciñas e Saúdos a tod@s.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Comentarios respecto ao que propoñendes

2006-01-24 Conversa nacho resa
Xa hai algún tempo que comecei a traducir algúns programas de vez
en cando mandándollos ao coordinador que por aquel entón era
Suso. Hai un ano despois de ver a inactividade do proxecto movinme
un pouco ata que conseguín acapararlle o posto a Suso. xD. Desde
aquela decidinme a ter un escritorio que estivese traducido ao galego.
Eu penso que o conseguín.
   Aínda que desde que comecei a traducir polo miña conta nunca souben
onde poder organizarme co resto da xente que fai traduccións. Pretendín
facer un apartado de traducción a partir do proxecto Trisquel pero non dou
resultado. Estou só practicamente traducindo o gnome e desexo que isto
cambie. Por iso calquer cambio que se poida facer que promova un entorno
de traducción máis favorable, eu puxo por iso.

Saúdos.
Nacho.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno