O Terça, 24 de Janeiro de 2006 13:31, David Fernandez Vaamonde escribiu:
> Jesus Bravo Alvarez wrote:
> > Dicionario: Hehe, como pasa o tempo :D  Cheguei á versión 0.14, e había
> >     xa 277 termos. Pero diso hai xa 5 anos!!  Evidentemente non está
> >     adaptado á nova normativa, e algunhas cousas sobran e faltan
> > moitísimas outras.  Polo menos serviría como base se alguén colle a
> > tarefa.
>
> Parece que un diccionario basado nun wiki podería ser unha grande idea,
> eso sempre que non se ande á greña con normativas ou con outras
> historias, senon faría falla unha ou duas persoas que foran os que
> engadiran os termos despois de consensualos.
>

De feito, é imposíbel consensuá-lo con base en diferentes normas, un exemplo 
disto é a traduzón da palabra inglesa "show" (verbo), que xa me trouxo 
problemas con Xavi  G. Feal: na norma oficial, a versión preferida é 
"amosar", sendo segunda opzón "mostrar". Pois ben se consultas o dicionário 
Alonso Estraviz (que ven a ser o de mínimos reintegrados), resulta que amosar 
é simplesmente "facer unha marca na pel mediante un golpe" (un 
moratón/cardenal, para abreviar). Outra é "ítem/ítens", que se admite no 
léxico reintegrado, pero non atopo no dicionário RALG en liña (non dispoño 
dun impreso).
Xa que logo, no dicionário haberia que marcar nestes casos contados, cal é a 
palabra de preferéncia segundo a norma usada.

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpSdjZAmLvGN.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a