Home, aínda que non me vexo en situación de opinar, pois levo moi pouco tempo colaborando con Trasno (pese a que coñecía o proxecto dende fai tempo), creo que o problema ven da falta de promoción do proxecto, así como do descoñecemento do fácil que resulta colaborar na traducción.
É curioso que unha lingua con menos base de falantes como é o euskera teña dispoñibles traduccións dos programas moito antes que o galego (nalgún caso incluso aparece o asturiano antes que o galego); en gran medida creo que nos perxudica a falta dunha asociación a nivel de Galicia de usuarios de SL (ou GNU/Linux en concreto) efectiva (e que ninguén se sinta ferido por isto, estou seguro que non é por falta de esforzo da xente, e confío en que isto esté cambiando). Unha necesidade, dende o meu punto de vista, independentemente do cambio que se lla queira imprimir a Trasno, é a publicidade, que non só nos dediquemos a traducir, senón que fagamos un esforzo para dar a coñecer o proxecto no noso entorno (suplindo deste xeito a falta dunha asociación con pulo que comentei antes). Non é necesario un esforzo excesivo: para empezar, teríamos que expoñer na web de xeito sinxelo o modo de colaborar, e se é posible, simplificalo con métodos de traballo como os que propón Felipe Gil (a min freábame crer que tiña que usar CVS, posto que como simple usuario non o coñecía), e despois publicitala en lugares nos que poida ter acollida (na Facultade de Física de Santiago,por exemplo, sempre houbo unha base de usuarios importante, aínda que os últimos anos creo que baixou). Creo que isto nos permitiría obter unha "masa crítica" de traductores, e unha vez obtido certo dinamismo, o sistema podería manterse sen moito esforzo. O que no entro a valorar é a centralización ou descentralización, porque non teño nin idea... o que sí se me ocorre é que poderíamos distinguir entre dous tipos de colaboración: -Aqueles que dispoñan dos coñecementos, o tempo e o interés para ter acceso a un sistema de control de versións (sexa CVS ou outro) directamente, pois axilizaríalles moito o traballo - Aqueles que colaboren de xeito esporádico, preferiblemente mediante unha interfaz web, e que sí requeriría certo control En fin, para no ter opinión creo que xa me extendín bastante ;P... Simplemente agradecervos a todos os que levades tempo colaborando, por permitirme ter a miña Debian "case" en galego; espero que co tempo e a miña colaboración, chegue a compensarvos. -- Xabier Villar
_______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

