Re: Servidor Pootle de proba.

2006-07-21 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Ola Daniel,

Daniel Muñiz Fontoira wrote:
 Ola Felipe:
 Xa mirei o servidor pootle que instalaches. A min gustame, pero a
 interfaz de administrador non a entendo moi ben, como se sube un
 arquivo po para polo na lista?
Isto supoño que será cambiado, pero a única forma que atopei de poñer o
arquivo .po dun proxecto novo (neste caso o vim), foi a de copialo a
man na estrutura de directorios.

 de todos modos isto é curiosidade xa que iso sería cousa dos
 administradores. En canto a conta de usuario parece simple, unha
 pregunta é se se podería nutrir dun glosario de tal xeito que puidese
 ir suxerindo unha tradución automatica.
No roadmap de Pootle teñen previsto isto. Por setembro suponse que
haberá unha versión que faga suxestións para as palabras sen traducir
(dun glosario), e/ou frases completas (dunha memoria de tradución).

 En relación co pootle, comentar unha vez mais, desde logo penso que
 sería interesante unificar os repositorios de arquivos po a traducir.
 E ainda que os expertos prefiran descargar o .po para traballar en
 local, moitos con menos coñecementos e que prefiren simplicidades
 poderíamos traducir desde o entrono web.

Para min sería o ideal. É certo que con este enfoque aparecen novos
problemas, pero estou seguro de que cando estean solucionados a
cantidade e calidade das traducións aumentará significativamente.

 Saudos a todos.

Un saúdo.
Felipe.

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.
¿Pero que fago cando o teña que facer dende outro ordenador (teño a
clave neste, igual o teño que facer dende Windows)?

Por outra parte as dúbidas que teño agora son:
a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un
ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
avisarán.

b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
Core logo?

Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de
dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín.

Ata logo,
Leandro Regueiro

On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez j...@pobox.com wrote:

O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía:

CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
para parvos a ver se se anima a traducir alguén.

Que problema tes exactamente?  Polo que vexo na wiki, xa
documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos
entre code/code, para que sexa máis lexible).  Puideches finalmente
subir os ficheiros?

Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o
coordinador.  Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente
prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co CVS/SVN.
Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas contas
para un mesmo grupo de tradución :)

--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

lista ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

2006-07-21 Conversa Antonio Perez Casas
Boas na reunión do pasado sábado decidimos crear unha lista aberta en 
mancomun.org para debater sobre estratexías e ferramentas de tradución:

Xa está dada de alta a lista 
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego.

O URL para subscribirse é:
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

En principio non hai moderación das mensaxes que se enviarán, aínda que 
a subscrición si é moderada.

Si podedes invitar a persoas interesadas a maiores das de trasno estaría 
ben xa que salgo de vacacións xa mesmo e ando algo apurado. (p.e. 
Galego21, Ciberirmanadades, Edugaliza, ... )

Saúdos. Antonio.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Xabi G. Feal

 a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un
 ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
 commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
 facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
 avisarán.

Non che sei, se cadra hai algún problema cos Makefile.am. O normal é que para 
engadir ficheiros.po non haxa necesidade de facer algo máis que un cvs add  
cvs commit.

 b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
 subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
 merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai 
algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un 
ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r6 ficheiro.po.r7. O mine é a túa 
versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes 
que facer un 

msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r7 -o ficheiro.po

que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis 
que creaches na versión local. Fas un 

cvs resolved ficheiro.po

e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o 
catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para 
resolver conflictos de cvs.

 Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
 que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
 Core logo?

 Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de
 dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín.

 Ata logo,
  Leandro Regueiro

 On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez j...@pobox.com wrote:
  O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía:
  CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
  (de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
  meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
  para parvos a ver se se anima a traducir alguén.
 
  Que problema tes exactamente?  Polo que vexo na wiki, xa
  documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos
  entre code/code, para que sexa máis lexible).  Puideches finalmente
  subir os ficheiros?
 
  Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o
  coordinador.  Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente
  prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co
  CVS/SVN. Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas
  contas para un mesmo grupo de tradución :)
 
  --
  Unha aperta,
  Jesús Bravo Álvarez
  ___
  Trasno mailing list
  tra...@ceu.fi.udc.es
  http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

 b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
 subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
 merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai
algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un
ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r6 ficheiro.po.r7. O mine é a túa
versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes
que facer un

msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r7 -o ficheiro.po

que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis
que creaches na versión local. Fas un

cvs resolved ficheiro.po

e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o
catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para
resolver conflictos de cvs.

Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
volvelo subir ¿ou non?

E agora que me puxen con Fedora, terei que rematar a miniguía para
parvos. Jesús, moitas gracias por poñer as etiquetas code. Estiven
buscando un xeito de conseguir ese resultado, pero non o atopara.

Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.
Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.

Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).

Ata logo,
  Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía:

Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
volvelo subir ¿ou non?

Iso é :)  E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado, 
en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas.

As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o
plugin para o dokuwiki.  Se poñemos a wiki como páxina principal,
temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva,
por exemplo)

E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non
sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada:

http://dkwk.trasno.net/

Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;)

Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de
decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non
moito:

http://www.trasno.net/update/

(Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez j...@pobox.com wrote:

O que non chora non mama ;-). Agora obrígasme a aprender Perl. Ponlle
as cabeceiras e todo.

Ainda que non sei nada de Perl, crin ver que se gardan as táboas nun
ficheiro datos.dat. Eu cría que usaríades unha base de datos ou algo
así, e con scripts en PHP, xa que toda a web estaba feita con PHP.

Por certo, o de actualizar contra o ficheiro pot dábame problemas,
pero igual o problema é que non o executaba de forma correcta. Hei
probar para a semana cando volva, que hoxe teño que irme.

Ata logo,
   Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Xoves 20 de Xullo de 2006 ás 23:32, Leandro dicía:

Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.

Eu teño tamén conta no CVS, e podería subir os ficheiros.  O
problema é que non teño tradición de ser eficaz a facer iso (lémbrome que
me mandaches unha actualización da tradución do anaconda, e aínda non a
subín).  A ver se fago un robot para que se suban automaticamente os
ficheiros .po ao recibilos no meu correo.

ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
avisarán.

Isto pode ser porque en Fedora o CVS de i18n non é o mesmo que o
CVS xeral (o de desenvolvemento).  Supoño que terán un mecanismo de
actualización do CVS xeral cando un tradutor modifica un ficheiro .po, pero
non cando engade un novo.

Así que é probable que o ficheiro que engadiches con cvs add non
estea no CVS xeral, polo que é como se non existise.  Eu escribiría a
i...@redhat.com, contando o teu caso e mandándolles o ficheiro .po para que
o engadan eles.

Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
Core logo?

Hai un acceso anónimo ao CVS de i18n :)  Aquí o teño, actualízase
cada día:

http://www.trasno.net/distribucions/fedora-cvs/

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: traduccion de fedora

2006-07-21 Conversa Leandro Regueiro

On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez j...@pobox.com wrote:

O Xoves 20 de Xullo de 2006 ás 23:32, Leandro dicía:

Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.

Eu teño tamén conta no CVS, e podería subir os ficheiros.  O
problema é que non teño tradición de ser eficaz a facer iso (lémbrome que
me mandaches unha actualización da tradución do anaconda, e aínda non a
subín).  A ver se fago un robot para que se suban automaticamente os
ficheiros .po ao recibilos no meu correo.

Si, non enviaches o ficheiro. Agora déixao, decidín comezar a
traducción dende cero. Ese robot podería estar no servidor de Trasno,
¿non? cunha interface web que permita subir os ficheiros ó CVS. Por
exemplo ti vas a esa páxina de Trasno (acceso restrinxido, por
suposto) e subes tres ou catro traduccións, e que o robot se ocupe de
validalas, facer merges se é necesario, etc. e subir os ficheiros.

ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
avisarán.

Isto pode ser porque en Fedora o CVS de i18n non é o mesmo que o
CVS xeral (o de desenvolvemento).  Supoño que terán un mecanismo de
actualización do CVS xeral cando un tradutor modifica un ficheiro .po, pero
non cando engade un novo.

Así que é probable que o ficheiro que engadiches con cvs add non
estea no CVS xeral, polo que é como se non existise.  Eu escribiría a
i...@redhat.com, contando o teu caso e mandándolles o ficheiro .po para que
o engadan eles.

Será mellor que intente contactar con eles, e de paso heilles dicir
que quiten o de Gallegan. O caso é que nas páxinas de estatísticas
aparecen as novas traduccións, pero mellor asegurarse.

Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
Core logo?

Hai un acceso anónimo ao CVS de i18n :)  Aquí o teño, actualízase
cada día:

http://www.trasno.net/distribucions/fedora-cvs/

Xa. Veña, ata logo,
   Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

T en BP

2006-07-21 Conversa Jacobo Tarrio
 Velaí que se fala do Trasno en Barrapunto, e eu sen o saber.

 E semella que é un escándalo que a web dun proxecto de tradución ao galego
só esté en galego e inglés. Que cousas :-)

 Cando os DNS fagan a súa danza, www.trasno.net ha pasar a ser o famoso
wiki. A web antiga ha pasar a estar en wwwvello.trasno.net

 Agora marcho para a aldea, así que se algo falla, habedes ter que vos
fastidiar ata mañá á tarde.

 Pasádeo ben.

-- 
   Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: T en BP

2006-07-21 Conversa Berto
Em Sexta 21/07/2006 às 18:07, Jacobo Tarrio dizia...

 E semella que é un escándalo que a web dun proxecto de tradución ao
 galego só esté en galego e inglés. Que cousas :-)

Em /. todos os fios que têm que ver coas línguas regionais acabam em
debates estúpidos. Já se vê coa conhita de A/La Coruña cada vez que
GPUL publicita as suas charlas...

Berto
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: T en BP

2006-07-21 Conversa Xabier Rodriguez Calvar
O Ven, 21-07-2006 ás 18:07 +0200, Jacobo Tarrio escribiu:
  E semella que é un escándalo que a web dun proxecto de tradución ao galego
 só esté en galego e inglés. Que cousas :-)

Tampouco me meto eu con eles por teren barrapunto só en español. E o
peor de todo, é que se teñen por progresistas!

Saúdos!

-- 
http://www.calvaris.homeip.net