Ola Daniel,

Daniel Muñiz Fontoira wrote:
> Ola Felipe:
> Xa mirei o servidor pootle que instalaches. A min gustame, pero a
> interfaz de administrador non a entendo moi ben, como se sube un
> arquivo po para polo na lista?
Isto supoño que será cambiado, pero a única forma que atopei de poñer o
arquivo ".po" dun proxecto novo (neste caso o vim), foi a de copialo a
man na estrutura de directorios.

> de todos modos isto é curiosidade xa que iso sería cousa dos
> administradores. En canto a conta de usuario parece simple, unha
> pregunta é se se podería nutrir dun glosario de tal xeito que puidese
> ir suxerindo unha tradución automatica.
No "roadmap" de Pootle teñen previsto isto. Por setembro suponse que
haberá unha versión que faga suxestións para as palabras sen traducir
(dun glosario), e/ou frases completas (dunha "memoria de tradución").
>
> En relación co pootle, comentar unha vez mais, desde logo penso que
> sería interesante unificar os repositorios de arquivos po a traducir.
> E ainda que os expertos prefiran descargar o .po para traballar en
> local, moitos con menos coñecementos e que prefiren simplicidades
> poderíamos traducir desde o entrono web.
>
Para min sería o ideal. É certo que con este enfoque aparecen novos
problemas, pero estou seguro de que cando estean solucionados a
cantidade e calidade das traducións aumentará significativamente.

> Saudos a todos.

Un saúdo.
    Felipe.



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a