Re: Reflexións

2007-07-29 Conversa Leandro Regueiro
On 7/28/07, Miguel bandu...@gmail.com wrote:

  Boas!,

  Con esto do período estival estou dedicando algo de tempo na tradución do
 KDE e isto dá pé a que faga/dea as seguintes reflexións/consellos:



 Plugin: actualmente traducido coma 'extensión', 'complemento' e 'plugin'.
 Plugin é un termo moi entendido mais sinxelo e intuitivodabondo (asi coma
 cacofónico) como para poder ser galeguizado. 'Complemento' define o obxecto
 dun plugin mais quédase curto pois un plugin non só 'complementa' as función
 dun programa senón que as 'extende'. Dos tres  'extensión' debería, creo ser
 a escollida.

Eu pensaba que complemento e extensión usábanse para add-on.

 Shapes: no módulo de Koffice aparece ata fartar. Traduciuse como 'formas'
 mais estanse a referir a eses 'marcos'/'molduras' que se introducen nun
 texto para mostrar unha imaxe, fórmula, vídeo...Seguindo o que os tradutores
 de Scribus fixeron paréceme adecuado traducilo coma 'molduras': por dar a
 idea dun marco que acolle contido.

Na maioría dos sitios traduzo shape coma forma ou figura, porque iso é
o que me aparece. Se noutros contextos se refiren a outras cousas
haise que adaptar a elo.

 Capitalize/case: O termo inglés 'capitalize' refírese a poñer en maiúsculas
 a tipografía e case é a propiedade da tipografía que  ten por  'variables'
 maiúsculas/minúsculas (igual  nn e explico). En castelá/galego
 'capitalizar' é tomar como propio o capital ou o conseguido por outros.
 Cales poderían ser as traducións logo?. Caso podería ser a de 'case' mais
 deberíase usa-lo anglicismo 'capitalizar'?

Isto non o teño moi claro. Resaltar que á primeira letra chámaselle
letra capital e igual se refire a iso.

 criar/crear: sen ánimo de ofender a ninguén; coma galego falante arrepíame o
 uso de criar en vez de crear: criar críanse os polos, os porcos mesmo a
 xente pero crear é algo distinto: é xerar. É un fallo que vexo bastante e
 agora non falo das traducións.

Estou de acordo

 E coma colofón, xa que agora dispoñemos dunha
 ferramenta coma open-trans.eu deberíase intentar chegar a un consenso para
 unificar as traducións. Non digo que haxa que facer nada especial senón que
 se vaia consultando termos novos ou nos que dubidamos para intentar ir
 acadando unha coherencia interna e entre os proxectos de tradución de GNOME
 e KDE que son os que aparecen ligados na web. Pensade nun usuario calquera
 que colla escritorios traducidos: podese atopar no firefox o termo
 'preferencias' para as configuracións do programa e logo se vai a Konqueror
 para o mesmo vai ter que escoller 'Configuración', incluso noutros programas
 tería que ir a 'Preferencias'. Idem para archivo/ficheiro; gravar/gardar...

  Opinións?


É arquivo/ficheiro e isto creo que xa está moi claro. Usar só arquivo
no caso de ficheiros comprimidos ou tar. Respecto a
Preferencias/Configuración/Opcións creo que da igual, sobre todo tendo
en conta que eu cando atopo preferences traduzo coma preferencias e
cando vexo configuration uso configuración, así é unha cousa que case
nos ven dada de enriba...


Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: Reflexións

2007-07-29 Conversa Miguel
Tanto Leandro coma Xavy dades bos apuntamentos:

1. é verdade: hai que pensar en 'add-on'; se cadra aí si é ben acertado
'complemento' ou inda mellor 'engadido'; inda que penso que usouse
nalgún lado 'complemento' para plugin por iso o suxeria.

2. Evidentemente shape é na meirande parte das veces 'forma', sen máis.

3. Non temos verbo/substantivo para iso de referirse á vez a (cambiar)
maiúsculas/minúsculas e hai que buscar unha frase para expresalo.

4. 'criar' é un termo da AGAL. Xa sei que a AGAL é reintegracionista,
Mais, de novo, con todos os respetos do mundo, dende a reforma
ortográfica do 2003 pensei que os mínimos e a RAG se integraran
definitivamente. Dígoo porque ó final o que se aplica nalgunhas
tradución é mais ben mínimos. ((NB:  tradúzase coma se traduza mérito
pra todos os que o fan; que  leva tempo e non son eu quen para criticar
a ninguén que son tradutor esporádico))

5. Erro meu: é 'arquivo' e descoñecía que se empregara só para ficheiros
comprimidos.

Por último; escollín se cadra malos exemplos, referiame ó final a que o
que se debería buscar é que o resultado das tradución dea unha sensación
de coherencia para o usuario final, especialmente dentro dos proxectos
respectivos (léase KDE, Gnome...). Especialmente se queremos que as
plataformas libres sexan ó final empregadas por institucións coma a
Xunta necesítase isto e ademais, e por iso a miña insistencia nun tema
espiñento, a adhesión á normativa da RAG.


Re: Reflexións

2007-07-29 Conversa Leandro Regueiro
 Por último; escollín se cadra malos exemplos, referiame ó final a que o
 que se debería buscar é que o resultado das tradución dea unha sensación
 de coherencia para o usuario final, especialmente dentro dos proxectos
 respectivos (léase KDE, Gnome...). Especialmente se queremos que as
 plataformas libres sexan ó final empregadas por institucións coma a
 Xunta necesítase isto e ademais, e por iso a miña insistencia nun tema
 espiñento, a adhesión á normativa da RAG.

É cuestión de que se vaian sinalando os problemas para buscarlle unha
solución entre todos.

Ata logo,
 Leandro Regueiro