Tanto Leandro coma Xavy dades bos apuntamentos: 1. é verdade: hai que pensar en 'add-on'; se cadra aí si é ben acertado 'complemento' ou inda mellor 'engadido'; inda que penso que usouse nalgún lado 'complemento' para plugin por iso o suxeria.
2. Evidentemente shape é na meirande parte das veces 'forma', sen máis. 3. Non temos verbo/substantivo para iso de referirse á vez a (cambiar) maiúsculas/minúsculas e hai que buscar unha frase para expresalo. 4. 'criar' é un termo da AGAL. Xa sei que a AGAL é reintegracionista, Mais, de novo, con todos os respetos do mundo, dende a reforma ortográfica do 2003 pensei que os mínimos e a RAG se integraran definitivamente. Dígoo porque ó final o que se aplica nalgunhas tradución é mais ben mínimos. ((NB: tradúzase coma se traduza mérito pra todos os que o fan; que leva tempo e non son eu quen para criticar a ninguén que son tradutor esporádico)) 5. Erro meu: é 'arquivo' e descoñecía que se empregara só para ficheiros comprimidos. Por último; escollín se cadra malos exemplos, referiame ó final a que o que se debería buscar é que o resultado das tradución dea unha sensación de coherencia para o usuario final, especialmente dentro dos proxectos respectivos (léase KDE, Gnome...). Especialmente se queremos que as plataformas libres sexan ó final empregadas por institucións coma a Xunta necesítase isto e ademais, e por iso a miña insistencia nun tema espiñento, a adhesión á normativa da RAG.

