On 7/28/07, Miguel <[email protected]> wrote:
>
> Boas!,
>
> Con esto do período estival estou dedicando algo de tempo na tradución do
> KDE e isto dá pé a que faga/dea as seguintes reflexións/consellos:
>
>
>
> Plugin: actualmente traducido coma 'extensión', 'complemento' e 'plugin'.
> Plugin é un termo moi entendido mais sinxelo e intuitivodabondo (asi coma
> cacofónico) como para poder ser galeguizado. 'Complemento' define o obxecto
> dun plugin mais quédase curto pois un plugin non só 'complementa' as función
> dun programa senón que as 'extende'. Dos tres 'extensión' debería, creo ser
> a escollida.
Eu pensaba que complemento e extensión usábanse para add-on.
> Shapes: no módulo de Koffice aparece ata fartar. Traduciuse como 'formas'
> mais estanse a referir a eses 'marcos'/'molduras' que se introducen nun
> texto para mostrar unha imaxe, fórmula, vídeo...Seguindo o que os tradutores
> de Scribus fixeron paréceme adecuado traducilo coma 'molduras': por dar a
> idea dun marco que acolle contido.
Na maioría dos sitios traduzo shape coma forma ou figura, porque iso é
o que me aparece. Se noutros contextos se refiren a outras cousas
haise que adaptar a elo.
> Capitalize/case: O termo inglés 'capitalize' refírese a poñer en maiúsculas
> a tipografía e case é a propiedade da tipografía que ten por 'variables'
> maiúsculas/minúsculas (igual nn e explico). En castelá/galego
> 'capitalizar' é tomar como propio o capital ou o conseguido por outros.
> Cales poderían ser as traducións logo?. Caso podería ser a de 'case' mais
> deberíase usa-lo anglicismo 'capitalizar'?
Isto non o teño moi claro. Resaltar que á primeira letra chámaselle
letra capital e igual se refire a iso.
> criar/crear: sen ánimo de ofender a ninguén; coma galego falante arrepíame o
> uso de criar en vez de crear: criar críanse os polos, os porcos mesmo a
> xente pero crear é algo distinto: é xerar. É un "fallo" que vexo bastante e
> agora non falo das traducións.
Estou de acordo
> E coma colofón, xa que agora dispoñemos dunha
> ferramenta coma open-trans.eu deberíase intentar chegar a un consenso para
> unificar as traducións. Non digo que haxa que facer nada especial senón que
> se vaia consultando termos novos ou nos que dubidamos para intentar ir
> acadando unha coherencia interna e entre os proxectos de tradución de GNOME
> e KDE que son os que aparecen ligados na web. Pensade nun usuario calquera
> que colla escritorios traducidos: podese atopar no firefox o termo
> 'preferencias' para as configuracións do programa e logo se vai a Konqueror
> para o mesmo vai ter que escoller 'Configuración', incluso noutros programas
> tería que ir a 'Preferencias'. Idem para archivo/ficheiro; gravar/gardar...
>
> Opinións?
>
É arquivo/ficheiro e isto creo que xa está moi claro. Usar só arquivo
no caso de ficheiros comprimidos ou tar. Respecto a
Preferencias/Configuración/Opcións creo que da igual, sobre todo tendo
en conta que eu cando atopo preferences traduzo coma preferencias e
cando vexo configuration uso configuración, así é unha cousa que case
nos ven dada de enriba...
Ata logo,
Leandro Regueiro