Re: @Leandro: Glosario de microsoft

2008-05-02 Conversa Leandro Regueiro
On Thu, May 1, 2008 at 5:28 PM, mvillarino mvillar...@gmail.com wrote:
 Olá neno,

  penso que eras tí quen pedira os glosarios de µsoft, non? pois veñen
  estando na rede, aínda que de 2007.
  http://www.microsoft.com/globaldev/tools/MILSGlossary.mspx


Si, fun eu. Toda axuda é pouca. Moi vello debes ser para chamarme neno :)

Por certo, non creo que haxa moitas cousas nese ficheiro. Faltan unha
chea de traducións.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: outra dubida

2008-05-02 Conversa Leandro Regueiro
Xa vexo que ninguén ten ideas para backport. Unha busca na wikipedia
tampouco obtivo resultados.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

2008/4/28 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
   Ola,
non sei como traducir backport ou incluso port (tanto o verbo coma o
substantivo).
  

  Non sei o contexto pero ao mellor vale:
  
complementario
extraoficial
adicional
  
estou a pensar no caso dos repositorios por exemplo.

  Vai ser que non vale. Os backports son software máis novo que se
  empaqueta para unha distribución que ten unha versión máis vella dese
  software. Por exemplo imaxina que alguén empaqueta o KDE 4 para un
  ubuntu 4.10 (estou esaxerando pero esta é a idea), pois iso é un
  backport de KDE4 para ubuntu 4.10.

  No caso dos ports é levar o software a outra arquitectura para a que
  ainda non habia unha versión (ou algo polo estilo). To port é o
  verbo aplicado a facer ports. Por exemplo a versión de KDE 4 para MS
  Windows sería un port a Windows.

  Ata logo,
 Leandro Regueiro



Re: dubidas varias

2008-05-02 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
navegando pola wikipedia en galego e pensando no transfondo matemático
de to map fun á páxina onde falan das funcións matemáticas que o que
fan é mapear ou máis ben relacionar uns datos de entrada e uns de
saída. Se dades o visto bo podemos poñer no glosario:

to map - relacionar
map - relación

Ata logo,
Leandro Regueiro


2008/4/27 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2008/4/27 mvillarino mvillar...@gmail.com:

  Olá, Leandro:
O de dual head (configuración onde unha tarxeta de vídeo cun único
chipset xestiona dúas saídas de monitores independentes, i.e., onde
cada monitor mostra unha imaxe diferente), poderíamos deixalo como:
- Sistema con dous monitores. Sistema con monitor dual.
- Tarxeta para dobre pantalla //pantalla dual.
- Monitor/pantalla dual.
  
Está pouco traballada

  Home, algo é algo, ainda moi non me convence. A ver se na xuntanza
  tamén se fala de que poidamos ter acceso ás traducións que se fixeron
  para o MS WIndows e mailo MS Office... igual podian axudar. O que si é
  moi necesario é ese opentran de todo o que haxa traducido ó galego.
  Ata sería boa idea facer que tamén devolva as entradas dos glosarios
  se houbera esas palabra neles (esperemos que se unifiquen, así sería
  menos traballo).

  Ata logo,
  Leandro Regueiro



Re: dubidas varias

2008-05-02 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
navegando pola wikipedia en galego e pensando no transfondo matemático
de to map fun á páxina onde falan das funcións matemáticas que o que
fan é mapear ou máis ben relacionar uns datos de entrada e uns de
saída. Se dades o visto bo podemos poñer no glosario:

to map - relacionar
map - relación

Creo que isto podería incluir a relación de clientes locais con
clientes de, por exemplo, samba ou nfs...

Ata logo,
Leandro Regueiro