RE: [gzlinux] Terminoloxia informatica. En galego, XANELA, por favor

2000-02-06 Conversa XosM . Prez Sardi�a
Que non se empece a lear todo polas cuestións de sempre, que se é mellor
isto ou aquilo, que a miña leira é máis guapa cá túa. Que somos tantos ou
cantos millóns integrados e idioteces imperialistas e fascistas polo estilo
(o mesmo pensaba Hitler da raza aria).
En Galicia temos a nosa norma e a quen non lle guste que se cense en
Portugal ou Brasil. Claro está, mentres que Galicia non se incorpore
economicamente a esas áreas de influencia, o que vai para longo como non se
remedien outras moitas cousas que son máis importantes que a norma.
Caralladas e máis caralladas, minifundio e máis minifundio para ó final
frear todo tipo de iniciativas que van por diante de ideas fundamentadas no
aire e nos castelos boca abaixo. Tirade para diante rapaces que vale máis
face-lo choio que estar discutindo o indiscutible.

Por certo, a ninguén se lle ocorreu pensar que o galego ten coa súa posición
estratéxica na península futuro (o que constantemente se lle está a negar
dende tódalas posicións non isolacionistas).

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa XosM . Prez Sardi�a

- Original Message -
From: Rubén r...@mundivia.es
To: gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es
Sent: Friday, November 12, 1999 6:45 PM
Subject: Re: LaTeX, ISPELL e outros


 Juan Ignacio Nogueira escribíanos o 11 de Nov de 1999:

  traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as leve
a cabo.

e Rubén escribíanos o 12 de Nov de 1999
 E para o ispell, fai correccions gramaticais? Se non é así, penso
 que será cousa de facer un ficheiro plano con todas as palabras galegas
que
 se che ocurran. De feito, en canto teñas algunhas e cuestion de
distribuilo
 e a xente irá engadindo as que lles falten, mandándoche o ficheiro cando
 engadan moitas...

Ben, son novo nisto e ofrecinlle a miña axuda a Nacho (Juan Ignacio) para
comezar un proxecto de traducción do Linux en galego, pero cómo non, os
galegos non podemos estar quietos e xa había esta pequena familia no allo.
Alégrame moito unirme a vós e axudarvos no que poida dende o Instituto da
Lingua Galega, en concreto sobre a listaxe de palabras para o Ispell, porque
eu xa teño unha feita que contén ó redor de 127.000 palabras (que non está
nada mal para comezar!). O problema é se se pode facer algo máis (ou máis
ben se se debería facer algo máis), entre outras cousas porque son ó redor
de 26.000.000 millóns de formas verbais as que se terían que corrixir en
galego e que moito me temo, non se poden incluír así como así nun ficheiro
(nin en Windows nin en Linux). Ademais creo que tamén habería que mira-la
maneira de incluír ficheiros de axuda que teñan unha relación de
castelanismos e formas incorrectas que remitan a unha forma ou formas
correctas en galego. Isto é só para ir abrindo apetito.

Un saúdo
X.M.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: LaTeX, ISPELL e outros

1999-11-19 Conversa XosM . Prez Sardi�a
   Juan Ignacio Nogueira escribíanos o 11 de Nov de 1999:
  
traducción (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as
leve
  a cabo.
 
  e Rubén escribíanos o 12 de Nov de 1999
   E para o ispell, fai correccions gramaticais? Se non é así, penso
   que será cousa de facer un ficheiro plano con todas as palabras
galegas
  que
   se che ocurran. De feito, en canto teñas algunhas e cuestion de
  distribuilo
   e a xente irá engadindo as que lles falten, mandándoche o ficheiro
cando
   engadan moitas...
 
  Ben, son novo nisto e ofrecinlle a miña axuda a Nacho (Juan Ignacio)
para
  comezar un proxecto de traducción do Linux en galego, pero cómo non, os
  galegos non podemos estar quietos e xa había esta pequena familia no
allo.
  Alégrame moito unirme a vós e axudarvos no que poida dende o Instituto
da
  Lingua Galega, en concreto sobre a listaxe de palabras para o Ispell,
porque
  eu xa teño unha feita que contén ó redor de 127.000 palabras (que non
está
  nada mal para comezar!). O problema é se se pode facer algo máis (ou
máis
  ben se se debería facer algo máis), entre outras cousas porque son ó
redor
  de 26.000.000 millóns de formas verbais as que se terían que corrixir en
  galego e que moito me temo, non se poden incluír así como así nun
ficheiro
  (nin en Windows nin en Linux). Ademais creo que tamén habería que
mira-la
  maneira de incluír ficheiros de axuda que teñan unha relación de
  castelanismos e formas incorrectas que remitan a unha forma ou formas
  correctas en galego. Isto é só para ir abrindo apetito.
 
  Un saúdo
  X.M.

 O Ispell utiliza un diccionario de palabras que non é unha simple serie
 de palabras unha detrás da outra. Se parte dun arquivo de afixos
(prefixos,
 sufixos e ...) e unha lista de palabras nas que se indican os afixos que
poden
 levar (é algo máis ou menos así).
 A tarefa é aprender a sintaxis exacta de eses arquivos e despois
 construilos.
 En canto as posibilidades de correción que da o Ispell penso que se
 reducen a buscar-la palabra no diccionario (incluindo variantes) e suxerir
 palabras parecidas que estén incluidas nel. Dudo que se poidan incluir
axudas
 para evitar castelanismos, a lo menos sen modificar o programa mesmo.
 De todos xeitos hei seguir buscando máis información ó respecto.

Pois ben, tampouco é nada difícil descompoñer ese número de palabras, entre
outras cousas porque seguín un método de formación de xénero, número e
plural por diferentes tipos (camión-camións, neno-nena-nenos-nenas, etc),
sendo moi doada a extracción dos morfemas e a conexión entre lexemas e mais
morfemas ó estaren separadas as formas orixarias en diferentes bases de
datos!!!).
A base de datos de verbos ten unha parte de desinencias, con máis de 200.000
celas de información, e outra de raíces (sobre 8000) coas correspondencias
feitas. Está mellorada con respecto á que se utilizará no que vai se-lo
corrector Galgo, e ten algunha cousella que modifica a estructura
substancialmente.

 PD: ¿É realmente molesta a miña firma?

A min chamoume a atención, pero nada máis, está moi ben feita e non tiven
ningún problema para vela. Moi persoal

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: ISPELL

1999-11-19 Conversa XosM . Prez Sardi�a

 Un dos proxectos do COES é a adaptación do ispell ó castelán, e
 polo que dixeron na conferencia, xa levan bastante adiantado.  Comprería
 botarlle unha ollada, para ver como teñen estructurado todo, xa que non é
 sinxelo, e eles dixeron que nas últimas versións cambiaran (agruparan ou
 desagruparan) moitas definicións de desinencias verbais.

 A dirección (aínda que agora mesmo non vai), é:


Ben, de acordo, pero temos unha base para comezar a traballar, palabras
flexionadas e verbos modelizados e enlazados con tódalas desinencias
posibles. Creo que para ir empezando é o máis importante. O único que hai
que saber é cómo adaptar toda esa información, tendo en conta as limitacións
do programa ou mesmo as súas vantaxes (porque pode que teña moitísimas máis
cousellas que non teñamos feitas no galego). Debemos aproveitar esta
oportunidade, hai que colle-lo ispell e diseccionalo (cousa que eu non teño
posibilidade de facer).

X.M.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe