----- Original Message -----
From: Rubén <r...@mundivia.es>
To: <gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es>
Sent: Friday, November 12, 1999 6:45 PM
Subject: Re: LaTeX, ISPELL e outros


> Juan Ignacio Nogueira escribíanos o 11 de Nov de 1999:
>
> > "traducción" (do tipo que sexa). Acepto suxerencias e xente que as leve
a cabo.

e Rubén escribíanos o 12 de Nov de 1999
> E para o ispell, fai correccions gramaticais? Se non é así, penso
> que será cousa de facer un ficheiro plano con todas as palabras galegas
que
> se che ocurran. De feito, en canto teñas algunhas e cuestion de
distribuilo
> e a xente irá engadindo as que lles falten, mandándoche o ficheiro cando
> engadan moitas...

Ben, son novo nisto e ofrecinlle a miña axuda a Nacho (Juan Ignacio) para
comezar un proxecto de traducción do Linux en galego, pero cómo non, os
galegos non podemos estar quietos e xa había esta pequena familia no allo.
Alégrame moito unirme a vós e axudarvos no que poida dende o Instituto da
Lingua Galega, en concreto sobre a listaxe de palabras para o Ispell, porque
eu xa teño unha feita que contén ó redor de 127.000 palabras (que non está
nada mal para comezar!). O problema é se se pode facer algo máis (ou máis
ben se se debería facer algo máis), entre outras cousas porque son ó redor
de 26.000.000 millóns de formas verbais as que se terían que corrixir en
galego e que moito me temo, non se poden incluír así como así nun ficheiro
(nin en Windows nin en Linux). Ademais creo que tamén habería que mira-la
maneira de incluír ficheiros de axuda que teñan unha relación de
castelanismos e formas incorrectas que remitan a unha forma ou formas
correctas en galego. Isto é só para ir abrindo apetito.

Un saúdo
    X.M.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a