Cedé?????!!!!!Deuvedé?????!!!! En serio????

2008-10-16 Conversa bandua
A ver, inda que non son fan e Ubuntu (todo o contrario) teño unha
instalación deste. Ben, usando Brasero leo por algún lado:

Deuvedé (de DVD)
Decé (de CD)

Non sei a quen corresponde esta tradución, pero pareceme ilóxica. IMHO.
De feito, esta solición admitea a RAE (si, a RAE) para algunhas cousas.
Pero, en galego??. Se isto é así tamén hai que dicir pesoé; pepé; benegá;
logo tamén teuve (TV),  tedeté, erreteuvegá, ummm, tamén uvecé... Non sei,
non quero ser un besta, pero é un seguidismo, soa moi mal e trae confusión.


Opensuse vs Ubuntu

2008-06-26 Conversa bandua
Va, xa que preguntou Dani noutro fío, abro un novo para o caso, que case é
mellor.


 Porque OpenSuse (=Suse) e non Ubuntu?.


 Pois hai motivos racionais e irracionais. Primeiro os irracionais:


 Creo que das primeiras distros que probei foi Ubuntu (inda que probara
FoxLinux e ghustaracheme moito) por iso de 'Linux for human beings', pero
non tardei moito en deixala. Esencialmente por un motivo: GNOME. En serio,
non aturo as cousas minimalistas, nas que impera o razonamento {1 programa =
1 soa función}. O mesmiño me pasa para XFCE. Eu prefiro suites, programas
completos e configurables. Isto vai a ghusto, evidentemente. Pero non
gustando GNOME hai que buscar unha boa distro para KDE ( e sintoo moito pero
Kubuntu é das piores implementacións de KDE que xamais se fixeran, IMHO!).
En cambio, Suse atende superltivamente a detalles miudos que dan un aspecto
de pulido á distro; moi especialmente co KDE. Por exemplo, instala Ubuntu e
encontrarás unha fea e horrenta pantalla do Grub, todo un flashback á era
pre-Mac. Instala Suse e dende o Grub ó arranque están modificados, son
bonitos , verdes... Va, pois con isto, con todo.


 Os motivos racionais (falo xa de suse 11, a nova versión):


 1. Nunca usei intensivamente .deb así que para min .rpm funciona de vicio.
YAST2(+- instalador) resolve as dependencias moi limpamente (e non, non
existe o tal chamado 'dependency hell', poida que antes de Suse 10.2 ou F6
si, pero eu case no vivín)


 2. A instalación de soft podese facer dunhas cuantas formas: visualmente
(YAST2, que ten unha interface moi limpa, e unha gran funcionalidade, p.ex.
navegación por repos e funcións coma 'actualizar todo o desta repo';
navegación por tipo de soft...); mediante zypper en consola, (similar a
apt-get..., moi moi rápido nesta versión! e moi configurable ) e moi
especialmente...


 3. On-click install: isto vai: ves akí:
http://software.opensuse.org/search, buscas o softw. q se queira,
dáselle ó link '1-click-install', aparece
unha pantalla de instalación blablabla e nuns min. tes o software,
instalado. Amais, literalmente, hai centos de paquetes, de feito só recordo
un ou dous programas que non atopara nos repos, salvando proxectos pequenos
e novos. Codecs? vaise a opensuse.community.org, onclick install e voilá!,
en menos de 30 min de instalación (verídico!) e 30 min de instalación de
codec xa tes un sistema completo.


 4. Super Yast: o panel de control é masivo!, p.ex. o firewall é +- sinxelo
de usar, inclúe apparmour!! (ubuntu non!!!, sorprendente q nin se dignen a
usar SElinux ou similar); detección de harware e modificación de drivers...
visualmente! tarxetas graficas, aceleración 3d... e táboa de modificación de
/etc/sysconfig!!!. É dicir, iso que tiven que facer algunha vez en Ubuntu de
modificar xorg.config a man e dende a consola, nin de bromas. Vaise á Yast,
a este módulo e cambiase de xorg a xgl en o'5s sen meter a pata e foder
nada.


 5. Qt!! Qt tódolos lados. Encantame o softw. en Qt, moi profesional, con
interface moi limpas, modificables, integran ben cos temas que se usen...
Sinto dicilo, pero GTK+ é un entorno non tan bo coma Qt, (IMHO, non son
desenvolvedor... amateur si)


 6. Ollo ó dato, teño instalado ó mesmo tempo KDE4, KDE3.5, Gnome e XFCE.
Como o fixen: Instalei a distro con KDE4 inicialmente, fun a Yast e marquei
en 'patróns' os entornos de escrotorio KDE3.5, XFCE e Gnome, a instalar e
voilá! Durante o login, podo escoller o entorno de escritorio. Alguén sabe
facelo en menos pasos con Ubuntu?.


 7. compiz por defecto


8. Dende o arranque ata o escritorio funcinando pasan MENOS de 60s. Ubuntu
esto +- faino pero non cando se teñen istalados darredor de 13 GB de
software.


 9. Os foros e a moi completa wiki... ah, e o bugzilla, teño comprobado que
son bastante eficaces. (opensuse.org)


Resumindo, é unha distro apta para novatos, inda que non moi recomendada,
mais tamén para 'profesionais' ou xente que nos ghusta cambialo todo ou
tocar o mínimo a consola. Dito doutra maneira, ten ferramentas moi potentes
presentadas dunha maneira moi visual e organizada; é rápida e eficaz.



PD: Opensuse non ten nada que ver con Novell excepto que lle dá cartos,
asíque non existe esa falacia de que M$ ten comprado a Novell e polo tanto
Suse é de M$. É o mesmo ca Canonical e Ubuntu, unha cousa é a empresa e
outra a comunidade OSS.


Re: Asociación do Trasno ou semellante

2008-06-23 Conversa bandua
On Sunday 22 June 2008 04:25:55 Jacobo Tarrio wrote:
  Creo ter lido por aquí que varios de vós pretenden crear unha entidade que
 dea cobertura legal ao Trasno.

Si, certo, esa é a pretensión de varios que estamos por aquí. Pretendemos que
'unificar' á xente que 'localiza' SL e facer que máis xente colabore.

  Cando estea feita, comunicádeme o nome dun responsable ao que transferir o
 dominio, os datos da web e a relación de subscriptores da lista do
 proxecto. Non existe un arquivo oficial, pero podo xuntar unha copia do meu
 arquivo persoal da lista.

umm, ben. Farase, seguramente pero...

 Desde o momento en que esa transferencia estea
 realizada, xa non terei relación ningunha co Proxecto Trasno.
  Tamén, despois de que se publique Lenny deixarei de traballar na l10n de
 Debian.

Non estou o tanto do que pasa en Debian, pero porqué deixar Trasno?. Entendo
que ti fuches ( e moi probablemente, es) unha persoa de capital importancia
para que hoxe haxa traducións e haxa xente traducindo aquí así que, se non hai
motivos persoais ou laborais non entendo, inda que, evidentemente, é unha
decisión respetable.  A min persoalmente, gustariame que seguiras tendo unha
certa vinculación con Trasno. Decir cal correspondeche a ti.

  Supoño que a partires dese día ha ser a Idade de Ouro das traducións de
 software libre ao galego, como mínimo.

umm... iso espero. Intuo un certo tono irónico, corrixeme se me equivoco. Unha
asociación non levará a ninguén á gloria nin vai facer o traballo por arte de
maxia. Se pensabas nisto, non é esa a idea. Na reunión do g11n debateuse a
idea de que os tradutores deberíamos 'profesionalizarnos'  e o da asociación
vai nesa liña. Leandro describiu moi ben neste fio cales serían as
posibles utilidades da asociación.

Saúdos!


Re: pipelining

2008-06-20 Conversa bandua
uff... isto é o que me cuspe o qstardict cos diccionarios que lle teño
(oxford idioms parece bastante acertado no contexto, pode ser?):

The CMU Pronouncing Dictionary
pipeline
'pai,plain

Longman Dictionary of Contemporary English
pipeline
n [C]
1 a line of connecting pipes, often under the ground, used for sending
gas, oil etc over long distances:
2 be in the pipeline: if a plan, idea, or event is in the pipeline, it
is being prepared and it will happen or be completed soon// --More job
losses are in the pipeline.//

Oxford Advanced Learner's Dictionary
pipeline
noun
a series of pipes that are usually underground and are used for
carrying oil, gas, etc. over long distances:
a gas / an oil pipeline
IDIOMS
in the pipeline something that is in the pipeline is being discussed,
planned or prepared and will happen or exist soon:
Important new laws are already in the pipeline.

Collins Cobuild English Dictionary
pipeline
pipe.line
pipeline pipelines
A pipeline is a large pipe which is used for carrying oil or gas over
a long distance, often underground.
A consortium plans to build a natural-gas pipeline from Russia to
supply eastern Germany.
N-COUNT
If something is in the pipeline, it has already been planned or begun.
Already in the pipeline is a
9 per cent pay increase for teachers.
PHRASE: v-link PHR, PHR after v

CMU American English spelling
pipeline
['paıp'laın]

English - German
pipelining
pipelining [paipiːlainiŋ]
Befehlsverknüpfung, Parallelverarbeitung

WordNet
pipeline
pipeline
n 1: gossip spread by spoken communication; the news of their
affair was spread by word of mouth [syn: {grapevine}, {word
of mouth}]
2: a pipe used to transport liquids or gases; a pipeline runs
from the wells to the seaport [syn: {line}]

Merrian Webster 10th dictionary
pipeline
noun
1 : a line of pipe with pumps, valves, and control devices for
conveying liquids, gases, or finely divided solids
2 : a direct channel for information
3 : the processes through which supplies pass from or as if from source to user

Moby Thesaurus II
pipeline
67 Moby Thesaurus words for pipeline:
adjutage, bush telegraph, catheter, channel, coming, conduit,
confidential information, connection, contact, conveyor, cooking,
drainpipe, duct, efflux tube, fire hose, flue pipe, flume, funnel,
garden hose, gas pipe, grapevine, grapevine telegraph, hose,
hosepipe, imminent, in the offing, in the works, inside dope,
inside information, insider, line, main, nipple, on the way,
organ pipe, origin, passage, pipe, pipette, piping,
put through channels, ready, reed, reed pipe, siamese,
siamese connection, siphon, snorkel, soil pipe, source, standpipe,
steam pipe, stem, straw, supplier, tap, the lowdown, tube, tubing,
tubulation, tubule, tubulet, tubulure, under way, waste pipe,
water pipe, wellspring

2008/6/19, Xosé xoseca...@gmail.com:
 Na tradución existente de KMail pipelining traduce-se por paralelismo. É
 adecuada esta tradución?

 Xosé



 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



sobre da coordinación

2006-08-03 Conversa bandua

Ben, quero agradecer publicamente a Jacobo  que nos aturara, incluido os
excesos verbais,  e insistira en que o  sacaran da coordinación de Mozilla.
Mozilla xa o retirou e agora a coordinación queda aberta en espera de que se
retome. Grazas.

Xa sabía que isto se facia a través do bugzilla así que non é posible a
intermediación de persoas non rexistradas a través da canle oficial e polo
tanto o primeiro paso sempre habia de se-lo de Jacobo. Sería inutil calquera
mail etc  á fundación. Inda así eran as miñas pretensións se Jacobo no
conseguira que o borraran.

En canto ó papel de Jacobo a partir de agora será o que el decida, eu non
poñerei impedimento de ningunha clase por que agora non o hai.

Podemos formar o grupo en Trasno; era ben que quedaramos por IM, gtalk ou
irc..., e discutiramos varios puntos que quedan soltos.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Cordinación Mozilla

2006-08-03 Conversa bandua

A cordinación de Mozilla está agora aberta. Pretendemos facer un grupo que
manteña oficialmente as traducións e incluído dentro de Trasno.

Alguén quere se-lo cordinador?.

Eu xa dixen que non son o máis axeitado para facelo, porque non son
informático e teño pouca experiencia, pero dispoño de  polo menos 1 hora
diaría para estas cousas e o traballo de cordinación supoño que son quen de
levalo. Así que se ninguén  o quere facer eu mañá inscríbome na páxina
oficial como cordinador, como xa falamos as persoas que tratamos o tema.

Grazas e ata logo!.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird

2006-08-01 Conversa bandua

Boas!. Son Miguel Branco.

Amais de saudar por primeira, escribo para dar conta do que esta a acontecer
na tradución da suite Mozilla.

Dende hai unhas cantas semanas estase a intentar reactivar un grupo estable
que dirixa a tradución de Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird coa
pretensión de que sexan as tradución lanzadas oficialmente. Dende o meu
punto de vista é inaceptable realiza-las doutra maneira que non sexa esta, e
entendaase, que  isto mesmo é aplicable a calquera proxecto.

Sen querer entrar en máis detalles, que non corresponden de momento neste
foro, só pido a que aquelas persoas interesadas en colaborar que o digan
aquí e de bo grado lles hei explicar con detalle a situación actual. Neste
momento xa podería haber  unhas seis persoas  no grupo. De tódolos xeitos
existen un certos atrancos que impiden que se comece de inmediato mais
contamos con que se solucionen e en breve se traballe, desta volta
incorporados dentro dos Trasnos, na tradución das versións 2.x.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno