On Sunday 22 June 2008 04:25:55 Jacobo Tarrio wrote: > Creo ter lido por aquí que varios de vós pretenden crear unha entidade que > dea cobertura legal ao Trasno.
Si, certo, esa é a pretensión de varios que estamos por aquí. Pretendemos que 'unificar' á xente que 'localiza' SL e facer que máis xente colabore. > Cando estea feita, comunicádeme o nome dun responsable ao que transferir o > dominio, os datos da web e a relación de subscriptores da lista do > proxecto. Non existe un arquivo oficial, pero podo xuntar unha copia do meu > arquivo persoal da lista. umm, ben. Farase, seguramente pero... > Desde o momento en que esa transferencia estea > realizada, xa non terei relación ningunha co Proxecto Trasno. > Tamén, despois de que se publique Lenny deixarei de traballar na l10n de > Debian. Non estou o tanto do que pasa en Debian, pero porqué deixar Trasno?. Entendo que ti fuches ( e moi probablemente, es) unha persoa de capital importancia para que hoxe haxa traducións e haxa xente traducindo aquí así que, se non hai motivos persoais ou laborais non entendo, inda que, evidentemente, é unha decisión respetable. A min persoalmente, gustariame que seguiras tendo unha certa vinculación con Trasno. Decir cal correspondeche a ti. > Supoño que a partires dese día ha ser a Idade de Ouro das traducións de > software libre ao galego, como mínimo. umm... iso espero. Intuo un certo tono irónico, corrixeme se me equivoco. Unha asociación non levará a ninguén á gloria nin vai facer o traballo por arte de maxia. Se pensabas nisto, non é esa a idea. Na reunión do g11n debateuse a idea de que os tradutores deberíamos 'profesionalizarnos' e o da asociación vai nesa liña. Leandro describiu moi ben neste fio cales serían as posibles utilidades da asociación. Saúdos!

