Re: [Guls] Asistencia á presentación de vivir en galego

2011-02-25 Conversa Manuel Vázquez
Moitas grazas pola información.
Ríome a gargalladas do titular na web da Consellería de Educación O
galego avanza e aséntase como lingua de tecnoloxía para presentar o
espectáculo mediático ofrecido por eses dous políticos de dita
consellería.
Persoalmente non espero nada deles a favor do galego. Nada. Ata o de
agora, todo foi desmontar o feito polo bipartito e desprotexer a nosa
lingua.
Que se pode esperar destes dous políticos que eliminan o galego como
lingua na Secundaria nas asignaturas tecnolóxico-científicas? Que ten
que ver ese titular sobre pagamento a Microsoft pola tradución de
windows e demais coa política realmente desenvolvida CONTRA o galego?
Saúdos:
Manuel A. Vázquez

2011/2/25 Xose M pikam...@gmail.com:
 grazas por transmitir o alí acontecido que foi máis ou menos o que se espera
 de tales actos, pero sobre todo por por negro sobre blanco a resposta dos
 responsables da administración galega ante a vosa postura en tal acto. Non
 saben, non contestan.
 MS vai ao seu, pois responden ante accionistas e non ante cidadáns. Pero  os
 DXs, SXs, Conselleiros si.

 2011/2/24 Antón Méixome cert...@certima.net

 Grazas Xabier. Impecable resumo.

 Pola vosa parte, un dos escasísimos actos de cidadanía que teña visto
 ultimamente. Pola súa estou seguro de que non se dan conta do que fan
 e pensan que lles saíu moi ben.
 Ademais alégrome de que en todo este tema non teña aparecido por
 ningunha parte nin unha ínfima partícula de lama política.


 2011/2/24 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
  Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D
 
 
  2011/2/24 Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com
 
  Ola a todos!
 
  como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en
  chamar
  Vive en galego, que básicamente é algún tipo de colaboración da que non
  temos constancia explícita de en que consiste entre a Xunta e Microsoft
  para, sete meses despois do seu lanzamento, poder dispoñer dun engadido
  que
  se debería instalar porriba do Windows7 para telo en galego. Tratándose
  dun
  sistema privativo, nun principio a min (e supoño que a todos os destas
  listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos:
  - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía
  multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a
  comunidade
  de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o
  traballo
  feito por organismos dependentes da administración pública (léase
  Termigal),
  vai revertir no aproveitamento público de tal traballo
  - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan
  dende
  fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do
  software
  libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais
  importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das
  institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6
 
  http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego
 
  http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego
 
  http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno
 
  http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego
  e outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que
  coñezo
  de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos)
 
  Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros
  de
  Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter
  respostas dos principais implicados
 
  A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría
  Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter :
  http://twitter.com/#!/Xabier_V
 
  E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas
  conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida
  aportar
  algo cando teña tempo)
 
  A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha
  estrela
  do panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e
  comezo
  das intervencións.
 
  En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de
  Microsoft
  Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de
  comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en
  galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería
  sido
  moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán,
  dígoo con
  total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu
  discurso en torno á necesidad de poder escoger me recordou moito os
  postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben
 
  Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de
  executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai
  está
  facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun
  portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión 

Re: [Guls] Asistencia á presentación de vivir en galego

2011-02-24 Conversa Miguel Bouzada
Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D


2011/2/24 Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com

 Ola a todos!

 como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en chamar *Vive
 en galego* http://www.viveengalego.com/, que básicamente é algún tipo de
 colaboración da que non temos constancia explícita de en que consiste entre
 a Xunta e Microsoft para, sete meses despois do seu lanzamento, poder
 dispoñer dun engadido que se debería instalar porriba do Windows7 para telo
 en galego. Tratándose dun sistema privativo, nun principio a min (e supoño
 que a todos os destas listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos:

 - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía
 multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a comunidade
 de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o traballo
 feito por organismos dependentes da administración pública (léase Termigal),
 vai revertir no aproveitamento público de tal traballo
 - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan dende
 fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do software
 libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais
 importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das
 institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6
 http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego
 http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego
 http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno
 http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galegoe
  outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que coñezo
 de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos)

 Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros de
 Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter
 respostas dos principais implicados

 A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría
 Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter :
 http://twitter.com/#!/Xabier_V

 E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas
 conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida aportar
 algo cando teña tempo)

 A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha estrela do
 panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e comezo das
 intervencións.

 En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de Microsoft
 Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de
 comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en
 galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería sido
 moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán, dígoo con
 total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu
 discurso en torno á necesidad de poder escoger me recordou moito os
 postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben

 Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de
 executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai está
 facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun
 portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión de tradición e
 modernidade, pero non podo dicir que resultase. Persoalmente pareceume
 afondar innecesariamente en tópicos sobre a sociedade rural galega.

 Chegou a quenda de intervención do secretario Xeral de Política
 Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez. Hai que salientar que antes de que
 empezase a presentación Leandro preguntoulle (estabamos en segunda fila,
 xusto detrás del) se era él o tal SX e se podía facerlle unhas preguntas. En
 canto oíu iso quixo saber de que medio eramos, e cando soubo que iamos en
 representación de Trasno, dixo que en todo caso falaría con nós ó final do
 acto. Creo que iso se traduciu en que nun punto do seu discurso mencionou os
 voluntarios do SL, pero sen afondar no tema nin na antigüidade da comunidade
 de tradutores.
 Proseguiron tentando conectar por videoconferencia con galegos en diversas
 partes do mundo: Barcelona, Bos Aires, Alemaña... pouco que engadir, salvo
 problemas de lag (foi complicado chegar a ver a imaxe dos interlocutores,
 aínda que se oían relativamente ben), e sobre todo a insistencia en que nos
 estaban a ver dende 20 países. Que non sei por que limitalo a 20, supoño que
 se alguén en Zimbawe quixera velo tamén podería, é o que ten internet.

 Por último interviu o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria 
 Xesús
 Vázquez Abad. Fixo un discurso moi político, é dicir, falou moito pero non
 dixo case nada. E o case para min veu a significar que se o galego aínda
 existe hoxe en día é gracias a compañías coma MS, así que xa imaxinaredes
 como me sentou, a min, que teño uns pais, posiblemente non 

Re: [Guls] Asistencia á presentación de vivir en galego

2011-02-24 Conversa Antón Méixome
Grazas Xabier. Impecable resumo.

Pola vosa parte, un dos escasísimos actos de cidadanía que teña visto
ultimamente. Pola súa estou seguro de que non se dan conta do que fan
e pensan que lles saíu moi ben.
Ademais alégrome de que en todo este tema non teña aparecido por
ningunha parte nin unha ínfima partícula de lama política.


2011/2/24 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D


 2011/2/24 Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com

 Ola a todos!

 como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en chamar
 Vive en galego, que básicamente é algún tipo de colaboración da que non
 temos constancia explícita de en que consiste entre a Xunta e Microsoft
 para, sete meses despois do seu lanzamento, poder dispoñer dun engadido que
 se debería instalar porriba do Windows7 para telo en galego. Tratándose dun
 sistema privativo, nun principio a min (e supoño que a todos os destas
 listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos:
 - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía
 multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a comunidade
 de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o traballo
 feito por organismos dependentes da administración pública (léase Termigal),
 vai revertir no aproveitamento público de tal traballo
 - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan dende
 fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do software
 libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais
 importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das
 institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6
 http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego
 http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego
 http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno
 http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego
 e outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que coñezo
 de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos)

 Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros de
 Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter
 respostas dos principais implicados

 A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría
 Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter :
 http://twitter.com/#!/Xabier_V

 E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas
 conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida aportar
 algo cando teña tempo)

 A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha estrela
 do panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e comezo
 das intervencións.

 En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de Microsoft
 Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de
 comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en
 galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería sido
 moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán, dígoo con
 total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu
 discurso en torno á necesidad de poder escoger me recordou moito os
 postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben

 Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de
 executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai está
 facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun
 portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión de tradición e
 modernidade, pero non podo dicir que resultase. Persoalmente pareceume
 afondar innecesariamente en tópicos sobre a sociedade rural galega.

 Chegou a quenda de intervención do secretario Xeral de Política
 Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez. Hai que salientar que antes de que
 empezase a presentación Leandro preguntoulle (estabamos en segunda fila,
 xusto detrás del) se era él o tal SX e se podía facerlle unhas preguntas. En
 canto oíu iso quixo saber de que medio eramos, e cando soubo que iamos en
 representación de Trasno, dixo que en todo caso falaría con nós ó final do
 acto. Creo que iso se traduciu en que nun punto do seu discurso mencionou os
 voluntarios do SL, pero sen afondar no tema nin na antigüidade da comunidade
 de tradutores.
 Proseguiron tentando conectar por videoconferencia con galegos en diversas
 partes do mundo: Barcelona, Bos Aires, Alemaña... pouco que engadir, salvo
 problemas de lag (foi complicado chegar a ver a imaxe dos interlocutores,
 aínda que se oían relativamente ben), e sobre todo a insistencia en que nos
 estaban a ver dende 20 países. Que non sei por que limitalo a 20, supoño que
 se alguén en Zimbawe quixera velo tamén podería, é o que ten internet.

 Por último interviu