Grazas Xabier. Impecable resumo. Pola vosa parte, un dos escasísimos actos de cidadanía que teña visto ultimamente. Pola súa estou seguro de que non se dan conta do que fan e pensan que lles saíu moi ben. Ademais alégrome de que en todo este tema non teña aparecido por ningunha parte nin unha ínfima partícula de lama política.
2011/2/24 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D > > > 2011/2/24 Xabier Villar <[email protected]> >> >> Ola a todos! >> >> como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en chamar >> Vive en galego, que básicamente é algún tipo de colaboración da que non >> temos constancia explícita de en que consiste entre a Xunta e Microsoft >> para, sete meses despois do seu lanzamento, poder dispoñer dun engadido que >> se debería instalar porriba do Windows7 para telo en galego. Tratándose dun >> sistema privativo, nun principio a min (e supoño que a todos os destas >> listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos: >> - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía >> multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a comunidade >> de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o traballo >> feito por organismos dependentes da administración pública (léase Termigal), >> vai revertir no aproveitamento público de tal traballo >> - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan dende >> fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do software >> libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais >> importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das >> institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6 >> http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego >> http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego >> http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno >> http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego >> e outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que coñezo >> de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos) >> >> Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros de >> Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter >> respostas dos principais implicados >> >> A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría >> Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter : >> http://twitter.com/#!/Xabier_V >> >> E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas >> conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida aportar >> algo cando teña tempo) >> >> A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha estrela >> do panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e comezo >> das intervencións. >> >> En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de Microsoft >> Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de >> comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en >> galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería sido >> moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán, dígoo con >> total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu >> discurso en torno á "necesidad de poder escoger" me recordou moito os >> postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben >> >> Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de >> executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai está >> facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun >> portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión de tradición e >> modernidade, pero non podo dicir que resultase. Persoalmente pareceume >> afondar innecesariamente en tópicos sobre a sociedade rural galega. >> >> Chegou a quenda de intervención do secretario Xeral de Política >> Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez. Hai que salientar que antes de que >> empezase a presentación Leandro preguntoulle (estabamos en segunda fila, >> xusto detrás del) se era él o tal SX e se podía facerlle unhas preguntas. En >> canto oíu iso quixo saber de que "medio" eramos, e cando soubo que iamos en >> representación de Trasno, dixo que en todo caso falaría con nós ó final do >> acto. Creo que iso se traduciu en que nun punto do seu discurso mencionou os >> voluntarios do SL, pero sen afondar no tema nin na antigüidade da comunidade >> de tradutores. >> Proseguiron tentando conectar por videoconferencia con galegos en diversas >> partes do mundo: Barcelona, Bos Aires, Alemaña... pouco que engadir, salvo >> problemas de "lag" (foi complicado chegar a ver a imaxe dos interlocutores, >> aínda que se oían relativamente ben), e sobre todo a insistencia en que nos >> estaban a ver dende 20 países. Que non sei por que limitalo a 20, supoño que >> se alguén en Zimbawe quixera velo tamén podería, é o que ten internet. >> >> Por último interviu o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria >> Xesús Vázquez Abad. Fixo un discurso moi político, é dicir, falou moito pero >> non dixo case nada. E o case para min veu a significar que se o galego aínda >> existe hoxe en día é gracias a compañías coma MS, así que xa imaxinaredes >> como me sentou, a min, que teño uns pais, posiblemente non mais vellos ca >> el, dos que mamei galego e seguramente o mamarán os meus fillos cando os >> teña, e que na vida puxeron as mans nun computador, pero crían os chuletóns >> cos que esta xente se regala. >> >> Como colofón final, outra actuación de Susana Seivane (non son >> especialmente seguidor do folk, pero para min foi o aproveitable da tarde), >> e posteriormente a desbandada. >> >> Leandro tentou falar co SX, pero este habilmente derivouno ó director >> xeral do Termigal (ou así se nos presentou). Tentou expoñerlle a necesidade >> de que toda a documentación do traballo de tradución feito fose publicado e >> liberado baixo licencias que permitisen a súa reutilización. En todo momento >> nos dixo que si, que seguían os estándares ISO, que se queriamos que botasen >> unha man co traballo de Trasno que tamén o farían, etc... pero cando lle >> falou Leandro dos TBX non sabía o que eran. Nisto non estou ó tanto, pero >> teño entendido que dende Trasno se intentou en varias ocasións solicitar >> colaboración do Termigal e non se conseguiu. En resumo: moitos sis pero >> ningunha información concreta (recordoume ó alcume de Baltar, Sisí >> emperatriz, porque a todo di que si :P) >> >> Na persecución do SX, topamos con outra muller, ó parecer pertencente a >> MS. Desta conversa, un pouco mais tensa, o que sacamos en claro é que, >> segundo ela, MS pagou por todo o traballo e que a Xunta non puxera un can. >> Mencioneille o acto de propaganda alomenos, pero non seguiu co tema. >> Ademais, os termos da súa relación co Termigal non coincidían co que >> entendemos do DX deste. E por mais que digan que pagaron, segue a tratarse >> de recursos dependentes da administración pública, polo que os resultados >> deberían reverter no beneficio público. Insistiu en que MS creaba emprego e >> empresas en GZ (en concreto coa tradución), e que era inviable para linguas >> con tan poucos habitantes como o galego, o catalán e o euskera sacar os seus >> productos directamente no idioma. Pregunteille polo danés (o primeiro que me >> veu á cabeza, 6m falantes fronte a 13.5m do catalán, segundo a Wikipedia) e >> dixo que ese claro que sí. Dixénlle que polo tanto para MS había linguas e >> linguas de segunda, nas que só vale a pena invertir se hai compensacións >> gubernamentais (entendase compensacións no sentido amplo, non necesariamente >> monetarias) >> >> Seguimos a nosa pescuda e batemos coa xerente de RI de MS. Foi o mais >> surrealista da tarde. Prácticamente intentou vendernos os produtos de MS, >> insistiu en que o que quería é que o tivésemos pasado ben e que o demais >> esta tarde non importaba, e non sei por qué motivo nos dixo que o problema >> das linguas como o galego, o catalán e o euskera era que non se empregaban, >> e presumiu de ser unha catalana vivindo en Euskadi. Xa digo que non entendo >> que nos di a nos, se estabamos falando en galego, nin de que parte de >> Cataluña é, pois non é a miña experiencia nas veces que estiven alí de >> pasada. Ata me serviu para aprender algo de catalán. E os anteriores 13.5m >> de falantes creo que lle dan a réplica. Pero en fin, que o único que sacamos >> é que levou a dirección de Leandro, en teoría para poñerse posteriormente en >> contacto con el. >> >> E finalmente, cando só quedaban os "pipas" recollendo o material, >> acurralamos ó SX. Dixo que mellor falabamos outro día, que nos pasásemos >> pola Secretaría. Teño entendido que xa se pediu cita con el con >> anterioridade e que non houbo resposta, pero iso mellor que o confirme >> alguén da directiva, que eu só estiven facendo labor de xornalista2.0 XD >> >> Iso si, estivemos falando cun xornalista de http://www.codigocero.com/ , >> que polo menos escoitounos amablemente, e incluso se ofreceu a levar a >> Leandro de volta á Coruña. Lamentablemente, nin me acordei de preguntarlle o >> nome, pero foi un pracer coñecelo, se chega a ler isto >> >> E nada mais pola miña parte. Calquera dúbida, preguntade :) >> >> >> PD: o tag #inestable no twitter ven de que tamén son membro de Inestable e >> quedei de retransmitirlles o evento, pero non se falou de que os fose >> representando. Espero que iso non xere malentendidos nin problemas, pero en >> calquera caso, se así fose, foi só responsabilidade miña. >> >> -- >> >> Xabier Villar >> >> _______________________________________________ >> Guls mailing list >> [email protected] >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls >> > > > > -- > /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos > _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 > > _______________________________________________ > Guls mailing list > [email protected] > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls > > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

