Moitas grazas pola información. Ríome a gargalladas do titular na web da Consellería de Educación "O galego avanza e aséntase como lingua de tecnoloxía" para presentar o "espectáculo mediático" ofrecido por eses dous políticos de dita consellería. Persoalmente non espero nada deles a favor do galego. Nada. Ata o de agora, todo foi desmontar o feito polo bipartito e desprotexer a nosa lingua. Que se pode esperar destes dous políticos que eliminan o galego como lingua na Secundaria nas asignaturas tecnolóxico-científicas? Que ten que ver ese titular sobre pagamento a Microsoft pola tradución de windows e demais coa política realmente desenvolvida CONTRA o galego? Saúdos: Manuel A. Vázquez
2011/2/25 Xose M <[email protected]>: > grazas por transmitir o alí acontecido que foi máis ou menos o que se espera > de tales actos, pero sobre todo por por negro sobre blanco a resposta dos > responsables da administración galega ante a vosa postura en tal acto. Non > saben, non contestan. > MS vai ao seu, pois responden ante accionistas e non ante cidadáns. Pero os > DXs, SXs, Conselleiros si. > > 2011/2/24 Antón Méixome <[email protected]> >> >> Grazas Xabier. Impecable resumo. >> >> Pola vosa parte, un dos escasísimos actos de cidadanía que teña visto >> ultimamente. Pola súa estou seguro de que non se dan conta do que fan >> e pensan que lles saíu moi ben. >> Ademais alégrome de que en todo este tema non teña aparecido por >> ningunha parte nin unha ínfima partícula de lama política. >> >> >> 2011/2/24 Miguel Bouzada <[email protected]>: >> > Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D >> > >> > >> > 2011/2/24 Xabier Villar <[email protected]> >> >> >> >> Ola a todos! >> >> >> >> como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en >> >> chamar >> >> Vive en galego, que básicamente é algún tipo de colaboración da que non >> >> temos constancia explícita de en que consiste entre a Xunta e Microsoft >> >> para, sete meses despois do seu lanzamento, poder dispoñer dun engadido >> >> que >> >> se debería instalar porriba do Windows7 para telo en galego. Tratándose >> >> dun >> >> sistema privativo, nun principio a min (e supoño que a todos os destas >> >> listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos: >> >> - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía >> >> multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a >> >> comunidade >> >> de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o >> >> traballo >> >> feito por organismos dependentes da administración pública (léase >> >> Termigal), >> >> vai revertir no aproveitamento público de tal traballo >> >> - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan >> >> dende >> >> fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do >> >> software >> >> libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais >> >> importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das >> >> institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6 >> >> >> >> http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego >> >> >> >> http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego >> >> >> >> http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno >> >> >> >> http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego >> >> e outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que >> >> coñezo >> >> de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos) >> >> >> >> Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros >> >> de >> >> Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter >> >> respostas dos principais implicados >> >> >> >> A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría >> >> Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter : >> >> http://twitter.com/#!/Xabier_V >> >> >> >> E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas >> >> conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida >> >> aportar >> >> algo cando teña tempo) >> >> >> >> A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha >> >> estrela >> >> do panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e >> >> comezo >> >> das intervencións. >> >> >> >> En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de >> >> Microsoft >> >> Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de >> >> comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en >> >> galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería >> >> sido >> >> moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán, >> >> dígoo con >> >> total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu >> >> discurso en torno á "necesidad de poder escoger" me recordou moito os >> >> postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben >> >> >> >> Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de >> >> executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai >> >> está >> >> facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun >> >> portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión de tradición e >> >> modernidade, pero non podo dicir que resultase. Persoalmente pareceume >> >> afondar innecesariamente en tópicos sobre a sociedade rural galega. >> >> >> >> Chegou a quenda de intervención do secretario Xeral de Política >> >> Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez. Hai que salientar que antes de que >> >> empezase a presentación Leandro preguntoulle (estabamos en segunda >> >> fila, >> >> xusto detrás del) se era él o tal SX e se podía facerlle unhas >> >> preguntas. En >> >> canto oíu iso quixo saber de que "medio" eramos, e cando soubo que >> >> iamos en >> >> representación de Trasno, dixo que en todo caso falaría con nós ó final >> >> do >> >> acto. Creo que iso se traduciu en que nun punto do seu discurso >> >> mencionou os >> >> voluntarios do SL, pero sen afondar no tema nin na antigüidade da >> >> comunidade >> >> de tradutores. >> >> Proseguiron tentando conectar por videoconferencia con galegos en >> >> diversas >> >> partes do mundo: Barcelona, Bos Aires, Alemaña... pouco que engadir, >> >> salvo >> >> problemas de "lag" (foi complicado chegar a ver a imaxe dos >> >> interlocutores, >> >> aínda que se oían relativamente ben), e sobre todo a insistencia en que >> >> nos >> >> estaban a ver dende 20 países. Que non sei por que limitalo a 20, >> >> supoño que >> >> se alguén en Zimbawe quixera velo tamén podería, é o que ten internet. >> >> >> >> Por último interviu o conselleiro de Educación e Ordenación >> >> Universitaria >> >> Xesús Vázquez Abad. Fixo un discurso moi político, é dicir, falou moito >> >> pero >> >> non dixo case nada. E o case para min veu a significar que se o galego >> >> aínda >> >> existe hoxe en día é gracias a compañías coma MS, así que xa >> >> imaxinaredes >> >> como me sentou, a min, que teño uns pais, posiblemente non mais vellos >> >> ca >> >> el, dos que mamei galego e seguramente o mamarán os meus fillos cando >> >> os >> >> teña, e que na vida puxeron as mans nun computador, pero crían os >> >> chuletóns >> >> cos que esta xente se regala. >> >> >> >> Como colofón final, outra actuación de Susana Seivane (non son >> >> especialmente seguidor do folk, pero para min foi o aproveitable da >> >> tarde), >> >> e posteriormente a desbandada. >> >> >> >> Leandro tentou falar co SX, pero este habilmente derivouno ó director >> >> xeral do Termigal (ou así se nos presentou). Tentou expoñerlle a >> >> necesidade >> >> de que toda a documentación do traballo de tradución feito fose >> >> publicado e >> >> liberado baixo licencias que permitisen a súa reutilización. En todo >> >> momento >> >> nos dixo que si, que seguían os estándares ISO, que se queriamos que >> >> botasen >> >> unha man co traballo de Trasno que tamén o farían, etc... pero cando >> >> lle >> >> falou Leandro dos TBX non sabía o que eran. Nisto non estou ó tanto, >> >> pero >> >> teño entendido que dende Trasno se intentou en varias ocasións >> >> solicitar >> >> colaboración do Termigal e non se conseguiu. En resumo: moitos sis pero >> >> ningunha información concreta (recordoume ó alcume de Baltar, Sisí >> >> emperatriz, porque a todo di que si :P) >> >> >> >> Na persecución do SX, topamos con outra muller, ó parecer pertencente a >> >> MS. Desta conversa, un pouco mais tensa, o que sacamos en claro é que, >> >> segundo ela, MS pagou por todo o traballo e que a Xunta non puxera un >> >> can. >> >> Mencioneille o acto de propaganda alomenos, pero non seguiu co tema. >> >> Ademais, os termos da súa relación co Termigal non coincidían co que >> >> entendemos do DX deste. E por mais que digan que pagaron, segue a >> >> tratarse >> >> de recursos dependentes da administración pública, polo que os >> >> resultados >> >> deberían reverter no beneficio público. Insistiu en que MS creaba >> >> emprego e >> >> empresas en GZ (en concreto coa tradución), e que era inviable para >> >> linguas >> >> con tan poucos habitantes como o galego, o catalán e o euskera sacar os >> >> seus >> >> productos directamente no idioma. Pregunteille polo danés (o primeiro >> >> que me >> >> veu á cabeza, 6m falantes fronte a 13.5m do catalán, segundo a >> >> Wikipedia) e >> >> dixo que ese claro que sí. Dixénlle que polo tanto para MS había >> >> linguas e >> >> linguas de segunda, nas que só vale a pena invertir se hai >> >> compensacións >> >> gubernamentais (entendase compensacións no sentido amplo, non >> >> necesariamente >> >> monetarias) >> >> >> >> Seguimos a nosa pescuda e batemos coa xerente de RI de MS. Foi o mais >> >> surrealista da tarde. Prácticamente intentou vendernos os produtos de >> >> MS, >> >> insistiu en que o que quería é que o tivésemos pasado ben e que o >> >> demais >> >> esta tarde non importaba, e non sei por qué motivo nos dixo que o >> >> problema >> >> das linguas como o galego, o catalán e o euskera era que non se >> >> empregaban, >> >> e presumiu de ser unha catalana vivindo en Euskadi. Xa digo que non >> >> entendo >> >> que nos di a nos, se estabamos falando en galego, nin de que parte de >> >> Cataluña é, pois non é a miña experiencia nas veces que estiven alí de >> >> pasada. Ata me serviu para aprender algo de catalán. E os anteriores >> >> 13.5m >> >> de falantes creo que lle dan a réplica. Pero en fin, que o único que >> >> sacamos >> >> é que levou a dirección de Leandro, en teoría para poñerse >> >> posteriormente en >> >> contacto con el. >> >> >> >> E finalmente, cando só quedaban os "pipas" recollendo o material, >> >> acurralamos ó SX. Dixo que mellor falabamos outro día, que nos >> >> pasásemos >> >> pola Secretaría. Teño entendido que xa se pediu cita con el con >> >> anterioridade e que non houbo resposta, pero iso mellor que o confirme >> >> alguén da directiva, que eu só estiven facendo labor de xornalista2.0 >> >> XD >> >> >> >> Iso si, estivemos falando cun xornalista de http://www.codigocero.com/ >> >> , >> >> que polo menos escoitounos amablemente, e incluso se ofreceu a levar a >> >> Leandro de volta á Coruña. Lamentablemente, nin me acordei de >> >> preguntarlle o >> >> nome, pero foi un pracer coñecelo, se chega a ler isto >> >> >> >> E nada mais pola miña parte. Calquera dúbida, preguntade :) >> >> >> >> >> >> PD: o tag #inestable no twitter ven de que tamén son membro de >> >> Inestable e >> >> quedei de retransmitirlles o evento, pero non se falou de que os fose >> >> representando. Espero que iso non xere malentendidos nin problemas, >> >> pero en >> >> calquera caso, se así fose, foi só responsabilidade miña. >> >> >> >> -- >> >> >> >> Xabier Villar >> >> >> >> _______________________________________________ >> >> Guls mailing list >> >> [email protected] >> >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls >> >> >> > >> > >> > >> > -- >> > /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos >> > _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 >> > >> > _______________________________________________ >> > Guls mailing list >> > [email protected] >> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls >> > >> > >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > -- > Xose M > ---------------- > Non imprimas este correo electrónico se non é preciso. > ---------------- > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

